You are hereUN DRAGÓN ESPANTÓN!! (17/04/2020)

UN DRAGÓN ESPANTÓN!! (17/04/2020)


By Anónimo - Posted on 17 Abril 2020

Boa tarde alumnxs e familias:

Non podiamos pensar hai algo máis dun mes que un bichiño tan pequeniño como o famoso Coronavirus podía parar ata os máis valentes dos nosos nenos e nenas. Pero como nós somos moi listxs, quixemos preparar un fero dragón que espantase a tan malvado ser e nos axudase a estar sans nas nosas casas.

Deste xeito e reutilizando materiais que atopamos no fogar deseñamos a seguinte manualidade que agardamos ver reproducida polos peques da casa. Por esta razón, podedes cambiar recursos, decoración e tamaño.

Esperamos as vosas fotiños nos próximos 7 días para poder compartir cos demais e facernos moito máis felices podendo vervos, aínda que sexa a través dunha pantalla.

Milleiros de gracias pola vosa participación e animamos aos que aínda non probastes a que intentedes algunhas das propostas para poder compartir entre todos e saber que estades traballando arreo, como sempre facedes. 

Un millón de bicos destas profes que vos estrañan e vos adoran.

 

 

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar