You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


ACTIVIDADES VIDA PRÁCTICA (30/04/2020) sticky icon

ACTIVIDADES VIDA PRÁCTICA

Ola nenxs e familias! Como estades? Con gañas de novas actividades?

Antes de nada comentarvos que imos respectar o calendario escolar e dende hoxe ata o martes 5 non haberá entrada, como sabedes maña é festivo nacional e o luns é o día que tiña escollido o centro como non lectivo. Hoxe deixámosvos tres pequenas tarefas de vida práctica, que ós nenos lles encantarán.

1- LIMPEZA DE XOGUETES

     Seguro que estades usando moito os vosos xoguetes e precisan unha limpeza… Necesitamos: dous recipientes grandes para a auga, xabón, un cepillo de dentes ou cepillo pequeno, e un trapo para secar. As familias seleccionarades, xunto cos nenos, aqueles xoguetes que poidan mollarse, preferiblemente de tamaño pequeno (animais, coches, bonecos, pelotas, utensilios de cociña…). Teremos que encher ambos recipientes con auga. Un deles empregarémolo para mollar o xoguete e enxabonar, e o outro para aclarar. Lavamos os xoguetes de un en un, cepillándoos ben, e por último secámolos co pano.

   

 

        2-CALCETINADA

       As familias colleredes moitos pares de calcetíns que teñades pola casa e xuntarédelos todos facendo unha mestura (mínimo 10 pares). O xogo consiste en conseguir emparellalos todos e deixalos dobradiños como mellor saibades. Despois podedes facer outras variantes, dependendo da destreza que lle vexamos ó neno/a: Pódese pór un límite de tempo (reloxo de area, conta atrás…). Podemos escoller pares de calcetíns que sexan moi similares e coste máis emparellalos. Ou podemos facer con eles clasificacións por tamaño (grandes e pequenos), por aspecto (lisos, con raias, con debuxos…), por cores semellantes… 

 

       3- A TENDER!

      Agora toca tender os calcetíns que empregamos na actividade anterior. Podedes incluir tamén a roupa dos vosos bonecos. Precisamos: Un tendal da roupa ou un cordón que serva para tender, e pinzas da roupa. E xogamos a tender as pezas de unha en unha. Parece sinxelo, verdade? Pois veredes que lles soe costar un pouquiño, porque require unha boa destreza dos dedos.

  

  Con estas tarefas de inspiración Montessori poñemos en práctica moitas habilidades fundamentais da educación infantil: preparación para a vida, motricidade da man e dos dedos, mantemento da atención, control óculo-manual, movemento “pinza” dos dedos, secuenciación e orde de tarefas, etc. E se todo o isto o facemos xogando e en familia, o resultado será de 10! Non vos esquezades de mandarnos unha fotiño da actividade (unha semana de prazo: ata o xoves día 7). Grazas!

 Bicos e achuchóns das vosas profes

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO sticky icon

SORPRESAAAAAA!

Aquí vos deixamos a particular maneira que tivemos en Infantil de conmemorar este ano o Día do Libro. Esperamos que vos guste! Moitas gracias a todos, nenxs e familias, por facelo posible. Dádelle o "play" e a desfrutar!

 

Experimentando... ( 2 ) ( 28-4-2020 ) sticky icon

Seguimos experimentando...coas cores.

Imos mostrarvos varios experimentos (3) nos que xogamos coas cores:

OVOS DE CORES

Recordades que onte a profe Shaila contou un conto moi chulo sobre unhas galiñas?

Pois aquí tedes un experimento con ovos e cores...

Necesitaredes:

- Ovos cocidos ( pedide a un adulto que vos axude ).

- Colorante alimentario.

- Auga.

Cando os ovos cocidos estean un pouco fríos tedes que golpealos con coidadiño por toda a cáscara ata que queden ben agretados...

Nun recipiente con auga engadides unhas gotas de colorante da cor que queirades...e deixades os ovos dentro uns 10 minutiños:

Tamén podedes conseguir novas cores...azul con amarelo...qué cor sairá..?

...e unha vez sen a cáscara os ovos quedan así de chulos...

Agora xa podedes preparar receitas ricas, ricas...umm...!!!

 

A AUGA SUBE...?

Aquí vos deixo un experimento que demostra que a auga pode subir, sí, sí, como o oides...facede a proba e xa veredes como é verdade e que podemos conseguir novas cores tamén...!!!

Precisades:

- Auga.

- Recipientres transparentes.

- Colorante alimentario.

- Papel de cociña.

Preparedes 3 recipientes e só poñedes auga nos 2 das beiras e con papel de cociña "comunicades" os vasos con auga co vaso do medio, tal e como vedes nas fotos.

Veredes que pouco a pouco a auga vai "subindo" polo papel ata ir a parar ó vaso do medio e qué pasará...?

..pois que tamén conseguimos unha nova cor...!

 

ARCO DA VELLA.

Un arco da vella para o que non precisamos sol, aínda que sí de auga...

Se queredes probar na casa é moi sinxelo.

Ides necesitar:

- 2 envases con algo de auga.

- Papel de cociña blanco.

- Rotuladores: as cores do arco da vella (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul claro, azul escuro e violeta ).

1.- Pintade coas cores do arco da vella os dous extremos do papel de cociña ( non moi grande ).

2.- Preparades 2 envases cun pouco de auga no fondo e colocades o papel de xeito que a auga molle os dous extremos do papel e esperamos un chisco para ver qué pasa...!!!

3.- E xa tedes o experimento conseguido...!!!

 

Xa nos contaredes qué experimento vos gustou máis e, se tedes algunha dúbida ou problema xa sabedes que podedes poñervos en contacto con nós..e sempre, sempre que o pasedes moi ben en familia.

Qué propoñemos para completar esta actividade, pois imos dar varias propostas por se queredes probar con algunha:

* Practicar con números e letras: o material que se precisa, números, nomes...para redactar o experimento e, se facedes algúnha receita con ovos tamén escribir a súa elaboración...

* Debuxos dalgún experimento.

* A orde das cores no arco da vella ( xa sei que no video quedaron mal colocadas...Anoxado)

E recordade deixar todo limpo e recollido cando rematedes a traballiño...

Se vos animades a probar tedes ata o martes  5 de maio para mandar as vosas fotos.

 

Grazas e moitos bicos.

As profes de Infantil.

 

Imos de excursión...!!! ( 2ª parte ) ( 28-4-2020 ) sticky icon

Bo día a todos e todas!

Estamos moi contentas porque recibimos moitas fotos vosas facendo a vosa excursión pola casiña, e xa vemos que vos gustou bastante e que o voso traballiño está moi pero que moi ben feito.

Xa estamos pensando qué outra excursión podedes facer...jejeje...imos investigando e xa vos contaremos.

Aquí tedes o resultado do traballo de moitos de vos e os nenos e nenas que non o fixestes, se vos animades a probar a experiencia pensamos que tamén vos vai a gustar tanto como a:

Zhoe:

Zoe:

Lía:

Sabela:

Olivia:

Mario:

Martín:

Vera:

Raquel:

Helena:

Ana V., Cristian e Nicole:

Carmen (6º EI.), Naiara e Nicole (ficha):

Erik, Laura (5º EI.), Pablo e Sara:

Alejandro e Carmen G. ( 5ºEI.):

 Moitas grazas a todas e todos por participar.

BICOS...!

 

CANTOS CONTOS III (27/04/2020) sticky icon

Boa tarde de novo nenos/as e familias:

Ante todo esperamos que esteades todxs ben e que non perdades os sorrisos que tanto nos gustan e nos consolan nestes momentos, só con imaxinarnos de novo no cole. Pola nosa parte, queremos axudar a que isto vaia mellor, por iso, traémosvos un novo conto que esperamos que vos guste:


*Tarda bastante en cargar pero funciona ;)

 

Despois de ver o conto, propoñémosvos as seguintes actividades:


- Contádelle o conto ao resto de familiares cos que convivides, pero que non esquezan encher a boca de aire, abrir ben as orellas e abrir os ollos como pratos para atender a todo o que ides dicir.

 

- Seguro que sodes capaces de contestar a unhas preguntas sinxelas:

    - Cal é o título do conto?

    - Que animais saen no conto?

    - De que cores son as galiñas?


- E non podemos deixar de pedirvos receitas. Como as pitas poñen ovos, propoñémosvos que fagades ovos recheos de atún e que os decoredes como máis vos guste. Pero, OLLO, tedes que poñerlles nome aos vosos pratos. Aaah! E mandarnos foto para ver o ben que vos sairon!

                  Un milleiro de bicos das profes de Infantil

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar