You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


Reciclando botellas de plástico (06/05/2020) sticky icon

Boas tardes nenos e nenas:

Nesta tarde tormentosa queremos propoñervos unha actividade para crear un xoguete empregando materiais de refugallo.

Todo o que imos necesitar é:

Unha botella de plástico.

Un anaco de fío. Eu collín tres e fixen unha trenza finiña.

Un pelotiña (eu empreguei un carrabouxo que apañei un día de paseo).

Pegatinas ou pintura para decorar.

 

Como veredes, o resultado é moi sinxeliño e servirá para pasar os momentos mortos encestando a pelotiña na botella, mellorar a coordinación óculo - manual, espertar a creatividade e progresar na motricidade fina.

Pois ben, despois de ver os beneficios e as partes positivas, pasamos agora ao proceso para a súa elaboración.

Primeiro temos que lavar e secar a botella de plástico.

Recortamos a parte estreita da botella deixando o tamaño suficiente como para que a boliña colla sen dificultade.

Collemos o fío e enrollámolo arredor da parte do tapón da botella e ao mesmo tempo enganchámolo á boliña. 

Unha vez rematada a súa elaboración, pasamos a deixar voar a imaxinación e decorar o noso xoguete. 

Mirade como quedou o noso!!

Ánimo e recordade que tedes ata o día 13 deste mes para mandarnos as fotiños.

Bicos enormes e esperamos a vosa participación.

A profes de Infantil que vos adoran.

 

 

 

O TEMPO METEREOLÓXICO (05-05-2020) sticky icon

Ola familias!

Esta é a proposta de hoxe:

- Se non tedes impresora podedes facer este último cadro nun folio a man.

* Recordade que a data tope para enviar as fotos do recuncho do tempo é o día 12/05/2020, así mesmo poderes enviar unha foto do papel de rexistro cuberto ó finalizar o mes. 

Bicos das vosas profes! 

 

FOTIÑOS CANTOS CONTOS III sticky icon

Bo día nenxs e familias:

Desde logo que as profes de infantil somos moi afortunadas pola participación dos alumnxs que estades demostrando o voso cariño e dedicación desde as casas. Non sabedes o emocionadas que nos sentimos ao vervos tan felices e participativxs. 

Con todo, non nos cansaremos de pedir que os que non vos animastes, o fagades, que disfrutedes con nós, que nos fagades máis levadeira esta situación na que tanto vos botamos de menos.

Aí van as mostras gráficas de todo o que vos inspirou o conto Las diez gallinas. 

Un bico enorme e xa sabedes, falta un día menos para poder vernos.

As profes de infantil.

 

 

Preparando na casiña o noso horto escolar (3ª parte ) sticky icon

...e parece que nos vosos hortos seguen medrando as plantiñas que con tanto cariño coidades...!

Que contentas estamos as profes ó ver que ben o facedes, canto traballades e que responsables sodes e incluso algún/ha de vós ata deixades escrito todo o voso traballiño...así se fai...!

Aquí tedes fotos dalgúns "horticultores/as"...seguide así, bo traballo...!!!

Sofía (4ºEI) (cantas plantiñas tes!), Antía (5ºEI) (que orixinal "horto vertical"...!) e Icía (ánimo que pronto medrarán!):

Raquel (prontiño probarás os amorodos da túa cosecha) e Noa (6ªEI) (qué rica debe estar esa leituguiña...jejeje):

Carmen (6ºEI) e Sofía (5ºEI) (cantas plantas ides cultivar o voso horto...!)

Martín (moito "argallas"...bo traballo...!)

Álvaro L.F. (moi concentrado...así traballas moito, e ben...!)

Zhoe (canto mides, escribes, regas e coidas as túas plantiñas...bo traballo...!)

Moitas grazas polo voso traballo e esperemos que máis compis se animen a probar.

Bicos...!!

 

XOGAMOS COAS SOMBRAS (01-05.2020) sticky icon

Ola chicos e chicas!

Alegranos moito ver o ben que o pasastes xogando coas sombras! Seguro que inventastes contos moi chulos en familia! 

As profes estamos moi orgullosas dos vosos traballos.

Aquí podedes ver as vosas fotos, e as dos vosos compañeiros/as:

Da aula de 3 anos: Sabela, Olivia, Zhoe, Martín e Sofía

 

Da aula de 4 anos: Zoe e Cristian

 

E da aula de 5 anos: Carmen e Noa

 

Moitos bicos para todos/as das vosas profes

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar