You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


ACTIVIDADE I. DÍA DO LIBRO (21/04/2020) sticky icon

 Ola familias e nenos/as!

O próximo xoves celébrase o Día do libro, e aínda que estemos separados ímolo celebrar como se merece! A lectura é un hábito moi importante que debemos asentar dende ben pequeniños, e estes días de confinamento está a ser unha das actividades preferidas en moitos fogares.

 A actividade de hoxe é moi sinxela e imos dividila en tres pequenas partes:

 1- Facemos un marcapáxinas (arquivo adxunto) con materiais que teñades na casa. Podedes decoralo con acuarelas, con papeliños de cores, ou se tedes témperas… facendo puntiños de cores con bastonciños, estanpando círculos cun corcho ou incluso cun tenedor mollado en pintura. Acordádevos de facelo un pouquiño ríxido pegándoo por exemplo nun anaco de cartón. 

 

2- Escolledes o conto ou libro que máis vos guste dos que teñades na vosa casa e que queirades compartilo con todos os vosos compañeiros/as. Non vos esquezades de pedir que volo conten de novo! ;)

3- Collemos o noso marcapáxinas e o noso libro favorito, sorrimos e sacamos unha foto ben guapxs para as profes (na que se vexan ben ambas cousas). Con todas as fotos recibidas das vosas recomendacións lectoras montaremos algo chulo… (sorpresa!)

 Vamos, que non nos pode faltar ninguén ;) Tedes como data límite para enviarnos as fotos ata o próximo luns día 27. Publicaremos de novo o xoves, para que teñades marxe a facer as actividades pendentes. Apertas das profes!

  

FOTOS "TODO EL MUNDO VA" (21/04/2020) sticky icon

Esperamos que pasarades un ratiño agradable vendo o conto da profe Tania. Seguiremos publicando máis contos contados polas vosas profes! Aí van os vosos traballos (aplausos, aplausos!) Guay

Grazas chicxs (e familias!)

 

 

IMOS DE EXCURSIÓN...!!! (20-4-2020) sticky icon

APETÉCEVOS?...

Pero temos que prepararnos:

Qué percisades?

1.- Roupa e calzado cómodos.

          

2.- Mochila con auga, e algo de comer: o que queirades, vale...!...aínda que sexa unha larpeirada, hoxe sí podedes..jejeje...!!!

3.- Linterna ( se queredes sin luz )

4.- Unha lupa ou polo menos os olliños moi, moi abertos...

5.-...e moitas, moitas ganas de descubrir o que nos rodea...!

Pero, esperade...que como, de momento, non podemos saír á rúa... imos facer unha:

EXCURSIÓN POR CASA...!!!

E non olvidedes facer fotiñas para ver o ben que o pasades.

Bicos para todos o todas...!

 

(Familia: propoñemos esta actividade para que presten atención ó que lles rodea día a día, as letras, os números...e aproveitades para pasar uns momentos agradables todxs en familia. Recordade que non é imprescindible imprimir...podedes copiala vos, adaptala. Tedes como arquivos adxuntos 3 fichas adaptadas para cada grupo-clase: 3, 4 e 5 anos. 3 anos: recortar a palabra e pegala no sitio correspondente e indicar con número, palote, cruz, aspa...a cantidade no cadro correspondente. 4 anos: Escribir o número correspondente e escribir a palabra con maiúscula e, onde indica persoa, o nome das que viven na casa. 5 anos: Escribir o número correspondente e escribir a palabra en minúscula, os que podan e, onde indica persoa, o nome das que viven na casa. IMPORTANTE: Deixade que o neno/a o faga segundo poda, non corrixir, e podedes axudar pronunciando a palabra despacio incluso silabeando )

 

GRAZAS.

  

MÁIS FOTOS (19/04/2020) sticky icon

Deixámosvos algunhas fotos das propostas da primavera, do monstro de cores e creación con obxectos. Moitas grazas ós participantes!

 

Preparando na casiña o noso horto escolar (2ª parte ) ( 18 - 4- 2020 ) sticky icon

...sementando, sementando...van os nenos e nenas de Infantil preparando o horto...!!!

Mirade cántas fotos estamos recibindo dos vosos hortos na casa...

Uhhh, cánta cosecha imos recoller e qué rico vai estar todo...claro co cariño co que facedes o traballo non nos extraña nada, jejeje.

Aqui tedes sementando, sementando...: Cristian, Carmen (6ºEI), Alicia (6ºEI), Icía, Álvaro L.G., Sabela, Vera (4ºEI), Zhoe, Olivia, Pablo e Laura, Zoe e Lía.

 

 

GRAZAS...!!!

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar