You are hereReciclando botellas de plástico (06/05/2020)

Reciclando botellas de plástico (06/05/2020)


By Anónimo - Posted on 06 Maio 2020

Boas tardes nenos e nenas:

Nesta tarde tormentosa queremos propoñervos unha actividade para crear un xoguete empregando materiais de refugallo.

Todo o que imos necesitar é:

Unha botella de plástico.

Un anaco de fío. Eu collín tres e fixen unha trenza finiña.

Un pelotiña (eu empreguei un carrabouxo que apañei un día de paseo).

Pegatinas ou pintura para decorar.

 

Como veredes, o resultado é moi sinxeliño e servirá para pasar os momentos mortos encestando a pelotiña na botella, mellorar a coordinación óculo - manual, espertar a creatividade e progresar na motricidade fina.

Pois ben, despois de ver os beneficios e as partes positivas, pasamos agora ao proceso para a súa elaboración.

Primeiro temos que lavar e secar a botella de plástico.

Recortamos a parte estreita da botella deixando o tamaño suficiente como para que a boliña colla sen dificultade.

Collemos o fío e enrollámolo arredor da parte do tapón da botella e ao mesmo tempo enganchámolo á boliña. 

Unha vez rematada a súa elaboración, pasamos a deixar voar a imaxinación e decorar o noso xoguete. 

Mirade como quedou o noso!!

Ánimo e recordade que tedes ata o día 13 deste mes para mandarnos as fotiños.

Bicos enormes e esperamos a vosa participación.

A profes de Infantil que vos adoran.

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar