VIAXE A ALLARIZ 3º DE PRIMARIA
O día 14 de Xuño o alumnado de terceiro visitamos Allariz. Alí realizamos moitas visitas e pasámolo moi ben.
A primeira hora da mañá chegamos o ecoespazo o rexo, unha granxa na que vimos como se coidaban as cabras, unha lagoa con ras e diferentes insectos, un burro, carneiros, etc. Ademais explicáronnos a importancia de coidar o medio ambiente e que existían especies en perigo de extinción por culpa da contaminación. Rematamos a visita vendo como se elaboraba o queixo, probando un anaquiño e despedíndonos dos cans que se fixeran amigos nosos durante a visita.
O saír do ecorrexo o autobús levounos a un merendero o carón do río, onde comimos e xogamos a diversos xogos, tres en raia, memoriun, policías e ladróns, etc.
Continuamos recorrendo unha das calles do centro de Allariz para chegar a dous museos, que nos presentou unha guía. O primeiro museo era o de xoguete; alí observamos moitos xoguetes antigos. O segundo o museo de monda onde se nos explicou o proceso de realización do liño e a continuación pasamos por unha pasarela con diferentes vestidos de liño que nos prestaron no museo, foi divertidísimo!!!
Para rematar unha merenda o carón do río e un xeado para refrescarnos. E volta para a casa despois dun gran día cos nos@s compañeir@s de clase!!
Merenda e excursión fin de curso ANPA
O venres 23 celebrarase a merenda de fin de curso no Sangoñedo e o domingo 25 iremos de excursión a Cerceda. Mais información no archivo adxunto.
Telexornal
Os alumnos de 6º curso de Primaria elaboraron este TELEXORNAL con noticias ficticias:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »