RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE AS 3R
ESTES SON OS RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE AS TRES R:
VISITA A SOGAMA
Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria tivemos a oportunidade de visitar Sogama o día 25 de maio.
Alí, faláronnos e vimos en primeira persoa como funcionaba a xestión do lixo e que pasaba despois de botar a bolsa de lixo o colector.
En Sogama, o que fan é separar o lixo, e só chega o lixo xenérico e os envases lixeiros.
O lixo de envases lixeiros separábano e agrupábano por envases para despois aplastalo e acumulalo en paquetes chamados balas. Estes paquetes Sogama véndeos a outras empresas para que os reciclen.
O lixo xenérico, o que fan con el, é secalo e despois desmenuzalo en anacos pequenos para queimalo e producir electricidade, que despois venden ás empresas.
Alí puidemos comprobar que moitas persoas non separan o lixo xa que vimos os fosos onde os camións e vagóns de trens baleiran as bolsas negras, e puidemos ver: envases, roupa,…
Ademais, puidemos comprobar en primeira persoa as medidas de seguridade que hai que seguir nunha fábrica, se tiñamos claros os conceptos de reducir, reutilizar e reciclar e se sabemos separar os residuos adecuadamente.
Enquisa visita SOGAMA (4º, 5º, 6º EP)
Co propósito de valorar a satisfacción con respecto á visita ás instalacións de SOGAMA e de avaliar os coñecementos adquiridos, temos á nosa disposición uns cuestionarios on line que pregamos sexan realizados o antes posible. Para elo debemos premer no seguinte enlace:
Código de acceso: ELOISACHANTADA
Grazas pola colaboración.
Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Chantada
O 26 de maio, a 1º hora, tivemos a sorte de contar no noso colexio co Concelleiro de Medio Ambiente, Seguridade cidadá e deportes do Concello de Chantada, Don José Castor Novoa Fernández.
Don José Castor veu ao noso colexio para contarnos e falarnos da realidade do Concello de Chantada en canto as 3 R. Nesta entrevista, tamén estiveron presentes os alumnos/as de 5º de Primaria. Recollemos a continuación o contido íntegro da devandita entrevista realizada polos alumnos de 6º de Primaria:
Clic para aumentar
Moitísimas grazas Don José Castor, por darnos información do que acontece o noso redor en relación as 3 R. GRAZAS!!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »