O apalpador e o Entroido Ribeirao sticky icon

O APALPADOR

O apalpador foi o máis madrugador en vir polo noso cole, foi o 11 de decembro e deixou aos nenos e nenas (barrigas incluidas) moi contentas. Ven das montañas do Courel e trae castañas asadas para os nenos, mentres apalpa as barrigas di: “Apalpa barrigas son, apalpo as barrigas coas miñas mans, e traio castañas asadas, para os nenos e as nenas que comen sán”.

Álbum

ENTROIDO RIBEIRAO

Entroido Ribeirao en Santiago , Lamas de Abade, (CIFP Compostela: conglomerado de 5 centros de distintos niveis educativos). É o 5º ano no que se adica o Entroido a un dos Entroidos tradicionais de Galicia.

O venres 2 de febrero participamos, colaborando co EDNL de dito CIFP: a Asociación de Amigos do EntroidoRibeirao, os centros educativos da vila (CEIP Xoán de Requeixo, IES Val do Asma, IES Lama das Quendas e CEIP Plurilíngüe EloisaRivadulla).

Saimos ás 8:30h e regrasamos ás 4:10halíunirémonos:membros da dita asociación, alumnos dos centros educativos: entre 9 (fixos) e 2 mestres.

Todos os centros dispuxemos dunha ligazón para seguir en tempo real (spriming) nun acto realizado de 10:00h a 11:00h, no noso cole víuse en tódalas aulas. Dous “Generales” do Ulla recibiron ao noso Entroido, vimos parte do video realizado por David Vázquez “O Moredo” e escoitamos unha charla conferencia a cargo de Juán Carlos na que se explicouo máis relevante sobre as particularidades deste Entroido.

As 11:00h, iniciamos un percorrido que une tódolos centros educativos que participan nesta actividade en Santiago de Compostela. É una comitiva na que tamén participan moitos alumnos, todos vestidos dos diferentes personaxes do Entroido Ribeirao (incluida una charanga). Desembocamos nunha gran praza, onde houbo desfile e baile de todos os participantes. Estes actos ían ser grabados e emitidos conexión en directo pola TVG, máis una granizada en riguroso directo, fixo que se aplazara o tempo suficiente para que a nosa comitiva poidese cambiarse de roupa.

Por último degustamos una estupenda empanada (típica empanada da zona: con patacas, iscos e chourizos), e un variado surtido de comida e bebida preparada e moi ben servida polos alumnos da escola de hostelería dun dos centros participantes.

Foi una gran satisfacción ver con canta consideración, traballo e alegría fomos recibidos en Lamas de Abade: Grazas!

Álbum

DÍA DA PAZ sticky icon

O 30 de xaneiro celebramos no colexio Eloísa Rivadulla o día da paz e da non violencia.

Comezamos interpretando unha canción protesta de Bob Dylan (premio de literatura o ano pasado), “Blowin in thewind” Esta canción foi interpretada o piano e as flautas polos alumnos/as de 6º curso e cantada polos alumnos/as do colexio co acompañamento do mestre Austin.

 A continuación, os nenos/as de 6º curso leron un manifesto e rematamos bailando todo o colexio a canción de Chayanne“ Madre Tierra.

 Ademais realizouse una árbore de corazóns verdes, co significado da esperanza nos corazóns da xente para conseguir a paz.

NADAL 2017 sticky icon

PAPÁ NOEL

O martes 19 de decembro Papá Noel (e o seu axudante) visitaron o noso cole, e ainda que en principio só ía pasar por Infantil, 1º e 2º de Primaria, ao final deixouse ver ata na cociña!

Álbum

 

 

REIS MAGOS

O mércores 20 de decembro tamén nos viñeron visitaros Reis Magos, cargadiños de caramelos…e como falaron con Papá Noel e tiñan fame, tamén pasaron polo comedor!

Álbum

FESTIVAL

 Estes son algúns momentos que rescatamos do Festival de Nadal do ano 2017:

 ADORNOS E POSTAIS

Coma sempre, o Nadal é unha ocasión estupenda para embelecer o noso centro: voltamos facer a exposición de postais fantásticas, montouse  un Belén con elementos tradicionais, unha árbore de Nadal, e por suposto decoración de aulas, portas e pasillos, ás veces aproveitando elementos do curso pasado.

Álbum

 

Viaxe a Ourense 5º e 6º de Primaria sticky icon

O 23 de xaneiro de 2018 os alumnos de 5º e 6º de E. Primaria do colexio fixeron un desprazamento a Ourense para realizar as seguintes actividades:

  • Asistencia á representación dunha obra de teatro en Lingua Inglesa no Auditorio de Ourense.
  • Visita á exposición de Xaime Quessada na Sala de Exposicións da Sede Afundación de Ourense.

 

Álbum

VIAXE A OURENSE sticky icon

O día 5 de decembro os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E. Primaria do centro asistiron ao Espectáculo de Circopeta no Auditorio de Ourense.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar