Letras Galegas 2018 sticky icon

Este ano adicamos as Letras Galegas á escritora e profesora María Victoria Moreno, ademáis de realizar actividades diversas a nivel de aula e enriquecer a biblioteca con libros seus, realizamos un mural que recolle a súa obra, realizado coa especial implicación dos alumnos de Educación Infantil.

  • Para celebrar a festa da nosa lingua, adicamos dous días ao disfrute dos contos:
    • O 16 de maio tivemos o pracer de escoitar a Celso Fernández Sanmartín, non só contou contos (de raigame popular en moitos casos) senón tamén sinxelas cantigas. Os alumnos  e profesores de 2º a 6º de Ed. Primaria, disfrutamos participando nesta actividade.

    • O 25 de maio os que viñeron ao cole foron Sara e Alex, os contacontos de Kalandraka. Amenizaron con música de acordeón un feixe de contos: Ahorta de Simón, Animais de compañía, Un mais, Frederick, O coelliño branco, Cores… A esta sesión acudion os alumnos de Infantil e 1º de Primaria.

 

Mochilas viaxeiras 2017/2018 sticky icon

Repartíronse 23 mochilas entre todos os cursos do colexio, para que durante unha semana toda a familia poida participar dos seus contidos:


 

 

  • Libros en galego: libros para mirar; libros ilustrados e con pouco texto para os mais pequenos; libros divulgativos; libros de contos; libros literarios: poesías, novelas, teatro... ; outros que traballan valores...
  • Caderno viaxeiro: onde poder mostrar as vosas opinións e suxerencias sobre a actividade, os materiais... ou incluso facer algún debuxo.
  • Unha folla onde poder recoller algunha receita da cociña tradicional da nosa zona. Recompilarémolas xunto coas recollidas o derradeiro ano de sobremesas para elaborar un receitario.

 

 

 

Os libros seleccionados son:

  • Infantil 3 anos: “Gatuxo”, “O coelliño branco”, “Caramulo”,  “O carballo con botas”; “A vaca que puxo un ovo” e “Os tres porquiños”.
  • Infantil 4 anos: “O carballo con botas”, “Caramulo”, “Loboferoz”, “A miña amiga a escuridade”, “Kefu: o neno de chocolate”, “Iroco”, “Chocolata” e “Os bolechas: as tarefas da casa”.
  • Infantil 5 anos: “A cebra”, “Avós” e “Rato de campo e rato de cidade”, “Os bolechas”, “Vou ter un irmán” e “A xacia Luviñas”.
  • 1º: “Chocolata”, “Cocorico” e “Carapuchiña vermella”.
  • 2ºA: “Un tren cargado de misterios”, “ Para cantar e bailar”.
  • 2ºB: “Un tren cargado de misterios” e “Contos en cantos”.
  • 3ºA: “Eu conto, ti cantas”.
  • 3ºB: “”Eu conto, ti cantas”, “Xalop Bori-Bori o bandido Faldrigueiras”, “O raposo e a mestra”, “Mais contos de anomais 1”, “Contos marabillosaos IV”, “A amnesia dos Dalton” e “Tintín. O segredo do Alicornio”.
  • 4ºA: “Unha inmensa vaca marela”, “Unha raiña negra”, “27 Histerias para tomar a sopa”, “29 Historias disparatadas”, “Tintín. Explorando á Lúa”, “Tintín. A illa negra”, “Leonardo Da Vinci” e “Charles Darwin”.
  • 4ºB: “Pregunta á Dra Peteiro sobre o tempo”....sobre os réptiles”...sobre os dinosaurios”, “O meu pequeno animalario: os dinosaurios”...a xungla e a sabana”, “Historia Universal: Idade Media.... Os descubrimentos... Grecia e o Mediterráneo..., Roma e o Mediterráneo”, “Oposicións á bruxa e outros contos”, “Clima”, “Sistema solar”, “Kika superbruxa detective” e “A serea do deserto”.
  • 5º: “Álvaro e Álvaro” e “O anel”.
  • 6º: “As cousas de Berta”, “Kika superbruxa e a momia”, “Kika superbruxa na procura do tesouro”, “Kika superbruxa e a espada máxica”, “A seres da illa negra” e “Desde o corazón da mazá”.
     

Revista Miuzallas sticky icon

 

Na revista Miuzallas colaboramos aportando a páxina 24 adicada á choiva e á sua escaseza (curso 2º A).

 

Calendario Estiño sticky icon

Este ano o calendario adicouse á AUGA. Alumnos/as do noso colexio realizaron traballos sobre a seca. Pinchando na imaxe accédese á web do colectivo Estiño.

 

 

Folión de carros 2018 sticky icon

A Asociación Cultural Amigos do Folión invitounos a participar nun concurso de cartaces sobre o folión de Carros das festas de Chantada do 25 de agosto do 2.018, xunto co CEIP Xoán de Requeixo. Antes do 25 de marzo elaboramos e entregamos 9 carteis realizados con distintas técnicas e diversas autorías (só hai un individual, o resto son de grupos de alumnos ou aulas). O 4 de maio dita asociación veu ao noso colexio coa boa nova de que o cartaz gañador do concurso era un dos nosos, en concreto dun grupo de alumnos/as de 6º de Primaria.

Ademais da homenaxe recibiron dous cadros (un do cartaz ganador e outro que recolle os traballos presentados por ambos colexios) e 100 euros.

Se os queredes ver, atópanse expostos na entrada do colexio.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar