Entroido sticky icon

Este ano no noso centro escolar buscamos a posta en valor do noso patrimonio cultural, “O ENTROIDO RIBEIRAO”.

Para isoprogramáronse diversas charlas, que foron impartidas por persoas propias da asociación, nas que nos explicaron en que consistía esta tradición e como se realizaban os traxes.

A continuación os alumnos/as xuntocosmestrespuxéronse a confeccionar os traxes e a traballar nos “oficios”. Naactividade de confección de puchos participaron activamente un grupo de pais e nais.
Na elaboración das flores dos puchos utilizouse papel de periódico e tanto nos oficios como nos traxes de maragatos utilizaron roupa que reutilizamos.

Día da paz - 30 de xaneiro sticky icon

O día 30 de xaneiro celebramos o día da paz, no cal realizamos varias actividades que se poden ver napáxina web. En concreto, realizamos un mural, sobre un cartón coa POMBA da paz, que se decorou coas fotos de todos os nenos/as e mestres do colexio metidas nun envoltorio de magdalena.

Novas papeleiras no patio sticky icon

Grazas o Concello de Chantada, contamos con novas papeleiras no noso patio escolar. Esto, era unha necesidade, xa que eran moi escasas. Polo que, desde a escola pedímola só Concello e rápidamente puxéronse en contacto con nós e viñeron a poñelas no patio. Desde aquí, queremos das as grazas por esa rápida atención que tiveron con nós.

As papeleiras do patio son de dous tipos, o primeiro a papeleira xenérica, o colector verde oscuro, a onde van todos os restos que non se reciclan; a outra é a amárela (ten un cartel amárelo), a de envases lixeiros. Consideramos necesarias estas dúas papeleiras, porque nas merendas é o lixo que se forma no patio.

 

 

Campionato de XADREZ 2017 sticky icon

O pasado venres, día 7 de abril, o equipo de xadrez do noso centro gañou, por segundo ano consecutivo, o Campionato de Xadrez Escolar que nesta edición se celebrou no Colexio Pais Escolapios de Monforte de Lemos.

Nel participaron un total sete colexios: CEIP A Gándara, CEIP Monforte de Lemos, Colexio PP Escolapios e Colexio Ferroviario (todos de Monforte de Lemos), CEIP Xosé Luís Taboada (A Barrela), CEIP Xoán de Requeixo e, o noso centro, CEIP Eloísa Rivadulla.

O noso equipo estaba formado, seguindo un criterio de idade, por alumnos de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria: Antón (4º curso), Iago, Brais, Xabier, Alex, André, Martín (5º curso), Jonathan, Alex, Miguel López, Isaac e Eloi (6º curso).

Os alumnos foron proclamados merecidos vencedores grazas ao traballo en equipo, despois de pelexar cada un dos puntos de forma incansable ata acadar 23 dos 30 posibles.

Noraboa a todos!

Para ver a presentación de videos e fotografías fai "clic" na imaxe. Debaixo hai un enlace para poder ver as fotos.

Álbum de fotos

Día da árbore 2017 sticky icon

O venres, día 31 de marzo, celebramos no colexio o “Día da Árbore”. Este ano tivemos a sorte de poder contar con Anxo Moure para a celebración do mesmo e así, enlazando cunha actividade anterior de reciclaxe de papel (enmarcada dentro do proxecto anual Recíclate con Sogama), os nenos entregáronlle a Anxo os corazóns que elaboraron a partir de noticias negativas contidas nos xornais e escoitaron tamén o conto do “Carballo con botas”, de boca do seu autor.

Coa intención de homenaxear este clásico da literatura infantil e medioambiental, os alumnos trouxeron da súas casas calzado que xa non usaban e plantaron no seu interior árbores e diferentes plantas; xuntáronse más de 150

A continuación deixámosvos unha mostra do acontecido nese día e tamén o libro dixital que se elaborou a partir das ilustracións que realizaron os alumnos de todos os cursos do cole, desde 3 anos ata 6º de primaria.

Grazas de novo ás familias pola súa colaboración.

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar