Ainda que este "recuncho" empezou a funcionar o curso pasado, durante este trimestre incorporáronse novos materiais, como pezas de construción e material diverso, co fin de diversificar as posibilidades deste espazo.
O equipo da biblioteca organizou un calendario de uso semanal dos recursos e reservou tempos para a utilización do espazo polos diferentes grupos internivel.