Presentámosvos as adaptacións que fixeron as familias de 1º e 2º de primaria, do conto Ricardo, o escultor do escritor Gianni Rodari e da ilustradora Montse Tobella.
Non podemos estar máis orgullosos de vós!
Todas as historias estarán na biblioteca dispoñibles para que poidades lelas con calma.
Esta é unha data que cada ano se traballa no centro cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM.
Aos postos de maior prestixio chegan menos do 26% das científicas e a tasa de éxito das investigadoras que solicitan proxectos de investigación é inferior a dos homes.
En decembro de 2015, a ONU proclamou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia" co obxectivo de romper as barreiras que encuentran as mulleres e as neas no ámbito científico.
O verán é unha época para xogar ao aire libre, estar cos amigos e amigas,viaxar, ir á praia... pero tamén podedes aproveitar estes meses de verán para repasar o aprendido e reforzar os hábitos adquiridos durante o curso, seguindo estas recomendacións:
Organiza o traballo e programa o teu tempo.
Realiza as actividades de repaso á mesma hora e mesmo lugar.
O centro está a participar no proxecto medioambiental Voz Natura, que este ano está centrado na protección dos nosos ríos e arenais.
A través deste proxecto, pretendemos que toda a comunidade educativa tome conciencia da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais e mariños.
Por este motivo no corredor do piso superior, están expostos unha serie de libros selecciponados dos fondos documentais polo equipo de biblioteca.