O mércores 24 celebramos no colexio o Día das Bibliotecas.
O mensaxeiro de Tepo distribuíu polas clases as revistas ás que estamos suscritos.
O alumnado de Infantil e 1ºciclo aprendeu xogando cómo se clasifican os libros na nosa biblioteca: segundo as cores da pegatina do lombo corresponde unha idade e un andel determinados.
Tamén fixeron un marcapáxinas con forma de muíño, pois este curso o proxecto que traballamos é as enerxías alternativas.
Os compañeiros e compañeiras do 2º e 3º ciclos xogaron a un bingo moi especial: as casiñas dos cartóns eran telluelos dos distintos libros dos nosos fondos. Tiveron que estar moi atentos ao nome do autor e ao título do libro que o mestre ía dicindo.
Na biblioteca asistimos á representación do conto “A ratiña presumida” co que os nenos e nenas de 6º nos fixeron pasar un rato estupendo.
Por último, fíxose entrega ás famílias dun boletín informativo coas novidades da sección de adultos que se pode consultar neste blog.