Tui Le, 23 de Abril 2020
Para esta data estaba programada a undécima edición de “Tui Le”, unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense .
No lugar deste encontro anual, que estaba programado para o venres 24 de abril , haberá a través das redes sociais do Concello de Tui o acceso a unha mensaxe que cada centro bibliotecario ofrecerá para conmemorar esta data e lembrar a todos que a lectura é unha boa alternativa para este tempo de confinamento.
Dende o centro sumámonos á esta iniciativa con este vídeo dun poema do tudense Emilio Álvarez Blázquez, cos mellors desexos de boa lectura.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VID-20200422-WA0035.mp4 | 8.42 MB |
- %count lecturas