Libros terroríficos
Na última semana de outubro, todo o centro participou na celebración do Samaín.
O alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º ,utilizando elementos do noso monte, imaxinaron trasnos, pantasmas e outras criaturas que sempre aparecen nestas datas. O alumnado de 5º e 6º cociñou uns "postres terroríficos".
Todo estivo exposto nos corredores ata que chegou o tempo de dar boa conta destes doces " asquerosos".
Por outra banda, unha chea de libros terroríficos sairon da biblioteca para quedar expostos polos corredores do colexio.
A semana deu para moito: buscamos información,decoramos,cociñamos... Traballamos moito, pero pasámolo moi ben.
- %count lecturas