SEMANA CULTURAL
O Equipo de Normalización Lingüística xunto co Equipo de Biblioteca, con motivo da celebración do DÍa das Letras Galegas, organizamos unha Semana Cultural coas seguintes actividades:
- O luns 18, actuación do contacontos Mario Tomás.
- O martes 19, celebramos no noso colexio a fase provincial das " Xornadas de Multideporte Escolar".
- O mércores 20, sesión de música e baile galegos. Ademais lemos a biografía de Ramón Piñeiro, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, e expuxemos os cadros da pintora galega Maruja Mallo realizados en cada ciclo.
- O xoves 21, asistimos ao 4º recital poético.
- E para rematar o venres 22, proxectamos a película galega " O espírito do bosque".
¡ Foi unha semana coa que disfrutamos moito !
O contacontos Mario Tomás escenificando unha das súas historias. |
O alumnado ensemesmado escoitando ao contacontos. |
Un grupo de nenos e nenas interpretando unha cantiga. |
" A laranxa foi á fonte ", peza bailada por un grupo de alumnos e alumnas. |
No recital de poesía os nenos e nenas de 3 anos interpretando " Xan de Outeiro ". |
Os alumnos e alumnas de 4 anos recitaron " Todos somos iguais ". |
O grupo de 5 anos escolleron unha poesía sobre a primavera. |
" A pita choca " de Manuel María foi interpretada por un grupo de 1º curso. |
O curso de 2º memorizou poemas de Ana Mª Fdez. |
Rosalía de Castro foi a autora escollida polo grupo de 3º. |
Un grupo de 4º recitou " A fouce " de Manuel María . |
" As rúas do vento ceibe " de Manuel María foi interpretada polo curso de 5º. |
Un alumno de 6º recitou " Galicia " de Manuel María. |
O alumnado de 6º deunos a coñecer as súas creacións poéticas. |
- %count lecturas