EN ABRIL, LIBROS MIL.
Baixo o título " En abril, libros mil " englobamos unha serie de actividades encamiñadas a que o noso alumnado e as súas familias atopen na lectura unha fonte de coñecementos, unha forma de evadirse, un medio de diversión, un xeito de coñecerse mellor a un mesmo e aos demais...
Así durante este mes puxemos en práctica as seguintes actividades:
- Lectura de contos de Andersen en cada aula realizadas polo profesorado durante a " Hora de ler " , solicitando a colaboración da Biblioteca Municipal con empréstitos dalgúns destes contos.
- " Libros ao patio ". Exposición das novidades bibliográficas para o alumnado no patio e no pavillón durante os recreos.
- Mostra dos libros da " Sección de adultos " na entrada do colexio co obxecto de achegalos ás familias. Se lles invita a levar o libro que desexen realizando eles mesmos o empréstito.
- Representación teatral da obra " A cebra Camila " a cargo dun grupo de nais do noso alumnado.
- Coma todos os xoves, contacontos realizado polas familias do alumnado de Infantil.
- Exposición de traballos elaborados polos nenos e nenas sobre o seu libro favorito.
- Teatro de monicreques " A xoaniña rosmona " a cargo dos profesores Mª Jesús e Luis.
- Entrega do premio ao " Máis León ou Leona " deste trimestre e do Boletín Informativo da Biblioteca xunto cun marcapáxinas de agasallo.
No patio observando as novidades. |
As nais escenificando un conto. |
Recollendo o premio ao " Máis León". |
Nais escollendo un libro do expositor de adultos habilitado na entrada do colexio. |
Traballos do noso alumnado. |
Monicreques ao cargo dos profes. |
- %count lecturas