MOCHILA VIAXEIRA
No 3º trimestre do curso pasado puxemos en marcha só para a alumnando de 6º de Educación Primaria a campaña da "MOCHILA VIAXEIRA" . Dada a boa acollida da mesma, tanto polas familias como polo alumnado do cole, decidimos darlle continuidade, incorporándoa a todos os cursos do Centro.
As mochilas viaxeiras entregaranse ao alumnado os venres e serán devoltas o venres da semana seguinte. Levan contos, películas e música para todos os membros da familia. Ademais irán acompañadas do " DIARIO DUNHA MOCHILA" que contén :
Información sobre esta campaña. Unha folla na que cada familia poderá dar a súa opinión sobre o seu contido. Un listado dos fondos prestados.
Con esta campaña pretendemos concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura.
- %count lecturas