DÍA DO LIBRO NA TEPOTECA
O martes 23 de abril celebramos o Día do Libro.
Tepo e Tepa pensaron que a mellor maneira de festexalo sería lendo xuntos; polo que decidimos realizar unha das actividades que máis gozamos no cole, o apadriñamento lector. Aproveitando o bo tempo, saímos ao noso patio. Aquí tedes unha mostra dese máxico momento...
E como non, non podían faltar as sorpresas...
Tepo e Tepa agasallaron aos lectores da Tepoteca cun marcapáxinas e o alumnado de segundo de primaria recibiu da man de Daniela Pirata un cofre cuns fantásticos libros porque... estas nenas e nenos xa van vento en popa no dominio da lectura.
- %count lecturas
ANDAINA MUÍÑOS DO RÍO TRIPES
Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.
Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.
Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!
Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!
- %count lecturas
XV EDICIÓN DO TUI LE
Un curso máis participamos no TUI LE!
- %count lecturas
CHARLA: RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
O programa Ponte a Zero presentounos na Tepoteca unha charla sobre reciclaxe e tratamento de residuos.
Tepo e Tepa queren que nos conciencemos da importancia correcta da separación de residuos e que colaboremos no coidado do planeta.
- %count lecturas
LECTURA E FAMILIA: O LIBRO MÁXICO CON MIGALLAS
O pasado 16 de abril, grazas ao programa Lectura e Familias, tivemos a sorte de poder contar na Tepoteca co espectáculo O libro máxico de Migallas Teatro.
Familias, estivemos encantados de vervos compartindo risas na nosa biblioteca.
No espectáculo uníronse narración, música e teatro. Desexando repetir o vindeiro curso.
Grazas, María e Carlos.
- %count lecturas
TALLER DE PREPARACIÓN DE XABÓN
O alumnado de 5º e 6º de primaria, enmarcado no noso proxecto Tepomisión: protexamos os nosos montes, participou nun obradoiro de Ecoloxía na vida cotiá.
Coñeceron como realizar receitas ecolóxicas de limpeza e droguería: antical, abrillantadores de mobles, limpadores de chans e azulexos, limpafornos...
Tamén observaron o proceso de elaboración de xabón reutilizando aceite.
- %count lecturas
CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS
No CEIP de Rebordáns, alumnado, mestres e familias estamos en continua formación, neste caso en primeiros auxilios.
Todas e todos moi concienzados sobre como realizar os primeiros auxilios, as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e o manexo de asfixia.
Os nenos e nenas desfrutaron aprendendo como axudar a outras persoas, gañaron confianza e aprenderon a manter a calma en situacións de emerxencia.
Grazas a anpa pola súa colaboración, e destacamos a labor do persoal de Protección Civil, que tan xenerosamente compartiu o seu tempo e coñecementos con nós.
Tepo e Tepa aportaron tamén todas a novidades relacionadas coa saúde que temos na biblio.
- %count lecturas
Naturizo, un bo amigo de Tepo e Tepa.
Tepo e Tepa convidaron a un amigo moi especial a pasar un tempiño nas aulas de infantil.
Trátase de Naturizo, un erizo cacho veciño da serra de San Mamede en Ourense.
Xuntos compartiron historias e aventuras, contos e manualidades!
Que ben o pasaron! Sen dúbida unha boa forma de continuar o noso proxecto de centro;
Tepomisión: protexamos os nosos montes.
- %count lecturas
POEMARIO DA NATUREZA
Tepo e Tepa teñen o pracer de presentarvos... o voso Poemario da Natureza.
Parabéns, familias, polo fantástico traballo!
- %count lecturas
OBRADOIRO ESCULTURA DE ROLOS
Neste obradoiro montamos entre todos unha escultura abstracta con rolos de papel, encántanos o efecto acadado, parece que vai desfacerse... pero non!
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »