Skip to Content

REBORRADIO 

 

NOVIDADES NA TEPOTECA

Na Tepoteca xa temos moitas novidades para poder poñer en marcha o noso proxecto de centro...

Tepomisión: protexamos os nosos montes.

Non podedes deixar de botarlles unha ollada.

Tepo e Tepa xa están mergullados neles!

 

 
 

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende o CEIP de Rebordáns queremos construír un mundo libre de discriminación, desigualdade e actos de violencia de xénero.

Aquí tedes algunhas das actividades que realizamos para visibilizar a importancia da loita contra a violencia de xénero.

NON MÁIS VIOLENCIA POR SER MULLER.

25 N

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: A LECTURA NO FOGAR.

Ola, familias!

Que boa tarde pasamos e que bos consellos recibimos para o fomento da lectura no fogar. Carla e Loreto, de Donde viven los cuentos, ofrecéronnos diversas estratexias para o desenvolvemento do hábito lector.    

Agradecemos ás familias asistentes a súa participación na actividade. 

 

SAMAÍN 2023

Tepo e Tepa programaron unha morea de actividades neste Samaín: exposición de libros terroríficos, lecturas ás escuras na Hora de Ler, exposición de seres elaborados con cabazas e elementos naturais, photocall, merendas terroríficas, ambientación do centro, manualidades, tragamedos... Disfrutámolo moito! 

MES DE XADREZ

MES DE XADREZ!

Recibimos un ano máis, cos brazos abertos, a Brais, o profe de xadrez. Véu mostrarnos este xogo tan completo, e practicamos moito, moito... xa lle imos collendo o truco...

Grazas, Brais!

                                                                    

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Hoxe, martes 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. 

Tepo e Tepa tiñan preparado para o todo alumnado unha sorpresiña!

Iniciabamos o novo proxecto!

A continuación tedes unha mostra en imaxes de todo o que fixemos.

Comeza a nosa misión!

DÍA DAS ESCRITORAS

O día 16 de outubro festexamos o día das mulleres escritoras.

O alumnado de 6º de primaria móstranos o seu traballo nesta exposición. 

Desexan que sexa do agrado de Tepo e Tepa.

Seguro que coñecedes a algunha destas fantásticas escritoras!

  

       

 

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: LECTURA NO FOGAR

Ola, familias!

Iniciamos o curso coa oportunidade de que poidades acudir a unha formación sobre a importancia do hábito lector no fogar. Realizarase o martes 7 de novembro ás 16.00h.

Esta charla será impartida por Carla Muñoz López, bibliotecónoma, especialista en literatura infantil e formadora de Donde viven los cuentos.

Apuntádevos no whatsapp 698120381.

Haberá servizo de acollida a cativos/as para as familias asistentes á formación.


INICIO CURSO 23-24

Despois dunha semana de organizar, planificar e preparar o inicio de curso, dámonos conta de que... xa está aí o día do reencontro!
O vindeiro luns, ás 9:15 volveremos encher de vida e ilusión o colexio!!
Ganiñas de ver canto medráchedes no verán!
Tepo e Tepa.

                                     

 
 

VOTAMOS!

Temos o pracer de presentarvos o proxecto de 4º de Educación Primaria!

Que mellor para aprender que é a democracia e o sistema electoral que artellar unhas eleccións na nosa propia escola. Fixemos os nosos propios partidos con cadansúas propostas electorais, das que saíron moitas ideas para mellorar o noso centro que de seguro se terán en conta o vindeiro curso.

Contamos coa participación dos nosos compañeiros e compañeiras de primaria que acodiron a votar a proposta que máis lles gustaba.

E que importantes nos sentimos formando parte da mesa electoral!

E logo facendo o reconto. Que emoción por saber quen tiña máis votos!

Aínda que daba un pouco igual porque en todos os partidos había propostas moi interesantes.

Foi unha gran experiencia que desfrutamos moito.

 



by Dr. Radut