Manolo Solla visita a Tepoteca
Na Tepoteca pechamos este curso 2023 - 2024 do xeito que máis nos gusta... escoitando historias.
Neste 21 de xuño, Manolo Solla encheunos de maxia e contos.
Non podiamos rematar mellor!
Volvemos o 11 de setembro.
- %count lecturas
LENDO XUNTOS NO VERÁN.
Xa nos achegamos ao fin deste curso 2023 - 2024... e a Tepoteca pecha para labores de mantemento.
Non marcha sen deixarvos unhas recomendacións para estas vacacións de verán.
Disfrutade moito e... boas lecturas!
Tepo e Tepa estarán de volta con todos vós o 11 de setembro.
- %count lecturas
AVENTURAS NO MONTE ALOIA: LECTURA E FAMILIAS.
E rematando xa o noso proxecto de centro, os nenos e nenas de 6º de infantil e as súas familias queren compartir con todos nós este fabuloso conto.
As aventuras no monte Aloia é unha historia compartida chea de ilusións, ilusións pola lectura e ilusións por compartir momentos en familia.
Grazas, familias, polas vosas achegas e a vosa implicación neste proxecto!
Parabéns a todos e todas!
- %count lecturas
Cineastas das redes
Ola familias!
O alumnado de quinto, dentro do Proxecto de Polos Creativos quixo deixar unha mostra cinematográfica do que pensan dos datos persoais e do seu uso nas redes. Paga a pena escoital@s e deixal@s crear!
AGASALLOS NA REDE
FAGO AMIZADES NA REDE
MEMES
AS PROTECTORAS DE INTERNET
- %count lecturas
Saída fin de curso Monte Aloia 2023-24
O pasado día 10 de xuño, pechamos o curso académo ao grande cunha saída de todo o cole o noso querido Monte Aloia. Alí puidemos facer varias actividades coma:
- Os/as cativos/as de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria puideron gozar das historias da Fada do Aloia descubrindo o apaixonante mundo da fauna e da flora.
- A rapazada de 3º e 4º de Educación Primaria, fixeron unha marabillosa ruta, na que coñeceron a Historia do Monte e a vexetación típica do parque natural.
- O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron un xogo de orientación, onde tiveron que atopar distintaspistas agochadas por diferentes partes do parque.
Pasámolo xenial, para mostra un pequeno vídeo onde recollemos esta gran aventura. Para velo, premede aquí ou na foto.
- %count lecturas
REBORRADIO INFORMA!
Unha semana máis, chega o programa máis agardado...
REBORRADIO!
A semana pasada, o alumnado infantil foi o encargado de dar as últimas novidades do centro,
Neste programa, o alumnado de infantil deleitounos co conto "Unha eiruga moi larpeira". Que ben o fixeron, e que fame nos entrou a todos despois de escoitalos!
Non volo perdades!
Podedes escoitar a emisión dende aquí ou premendo na imaxe.
- %count lecturas
OS MUÍÑOS DO TRIPES
E continuando co noso proxecto de centro,
Tepomisión: protexamos os nosos montes,
os nenos e nenas de 3º de primaria investigaron unha das construccións máis emblemáticas do monte Aloia:
os muíños do río Tripes.
Mirade que ben o fixeron!
- %count lecturas
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024
Dende 1963, o 17 de maio é un día destacado no calendario, pois festexamos o Día das Letras Galegas!
Ente ano 2024, homenaxeouse a Luísa Villalta Gómez.
Para festexar este día, e coñecer algo máis da homenaxeada, no cole celebramos a Semana das Letras Galegas, que estivo cheo de actividades e exposicións como:
- Dia Literario. O alumnado de 6º de primaria achegounos un pouco máis a Luísa Villalta coa exposicion da súa vida e obra para, máis tarde, asistir a un recital de poemas en galego, feito por tódolos cursos.
- Dia do teatro. O alumnado de 5º de primaria animouse a dramatizar unha adaptación do conto "Alcaldesa Vermella", de Miguel Ángel López González (O Hematocrítico).
- Día da musica. Alumnos e alumnas do centro interpretaron diferentes pezas musicais, con instrumentos varios, para o disfrute do resto do alumnado. Amais, tamén tivemos un obradoiro de Baile tradicional galego!
E non todo remata aí! Nas aulas, tamén traballaron o seu, facendo diferentes actividades.
Mirade o vídeo para non perder detalle!
- %count lecturas
A MAXIA DO TEATRO
E neste curso tocoulles ao alumnado de 5º de Primaria vivenciar a maxia do teatro, unha actividade que leva tempo preparar, pero onde se traballan moitísimos aspectos importantes para a nosa rapazada.
Co teatro, fomentamos a creatividade e a imaxinación, xa que temos que crear un atrezzo e un escenario. Desenvolvemos habilidades sociais e emocionais, xa que todos somos importantes, todos témonos que axudar e adaptar aos nosos compañeiros de escena cando representamos o papel. Melloramos a concentración e atención, ademais de estimular a expresión e a comunicación e, o mellor de todo, realizáse nun ambiente de diversión, onde rimos moito, moitísimo!
A obra representada foi unha adaptación do conto "ALCALDESA VERMELLA" do HEMATOCRÍTICO, mostrando así a nosa humilde homenaxe a un gran escritor, que a pesar de deixarnos, sempre estará presente entre nós a través das lecturas.
Preme na foto, ou AQUÍ, se queres ver a obra e vivir a emoción do teatro con eles e elas!
Pasámolo xenial e as familias puideron gozar desta obra tan fantástica.
- %count lecturas
OS NOSOS LIBROS 5 ESTRELAS.
As familias de Rebordáns compartiron coa Tepoteca aqueles libros que consideraron 5 estrelas.
Clicade na imaxe e veredes a gran variedade de títulos que saíron!
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »