NOVO CURSO, NOVA AVENTURA
Ola son Tepo! Despois deste fantástico verán, comezamos unha nova aventura da man dos personaxes dos libros que atoparedes na nosa biblioteca.
Durante a semana pasada a miña maleta percorreu as vosas clases cunha morea de libros para formar as distintas bibliotecas de aula. Desexo que estas páxinas cheas de imaxinación, humor, fantasía, maxia,... permítanvos disfrutar e pasar un bo rato.
Estade atentos! Pronto comezará unha nova edición do concursiño "Tepo quere saber...". Ánimo e participade!
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Razonamento lóxico matemático
- blogue de Abalar
- %count lecturas
A máquina do tempo
Dende a Prehistoria ata os nosos días. Se clicas na imaxe podes facer unha interesante viaxe a través do tempo.
- blogue de Abalar
- %count lecturas
Visita Museo Thyssen - Bornemisza
A utilización das Tic nos permite contactar co museo Thyssen ,e realizar unha visita virtual polas súas salas.
- blogue de Abalar
- %count lecturas
UN LIBRO PARA AS FAMILIAS: ENRUGAS.
Recomendámosvos a lectura deste libro do debuxante Paco Roca, Premio Nacional de Cómic no 2008. Unha obra en banda deseñada que conta con precisión e dende unha ollada intimista, non exenta de dureza, esa batalla contra a vellez. |
- blogue de _tepo
- %count lecturas
CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS
O mércores 24 celebramos no colexio o Día das Bibliotecas.
O mensaxeiro de Tepo distribuíu polas clases as revistas ás que estamos suscritos.
O alumnado de Infantil e 1ºciclo aprendeu xogando cómo se clasifican os libros na nosa biblioteca: segundo as cores da pegatina do lombo corresponde unha idade e un andel determinados.
Tamén fixeron un marcapáxinas con forma de muíño, pois este curso o proxecto que traballamos é as enerxías alternativas.
Os compañeiros e compañeiras do 2º e 3º ciclos xogaron a un bingo moi especial: as casiñas dos cartóns eran telluelos dos distintos libros dos nosos fondos. Tiveron que estar moi atentos ao nome do autor e ao título do libro que o mestre ía dicindo.
Na biblioteca asistimos á representación do conto “A ratiña presumida” co que os nenos e nenas de 6º nos fixeron pasar un rato estupendo.
Por último, fíxose entrega ás famílias dun boletín informativo coas novidades da sección de adultos que se pode consultar neste blog.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
CARTA ÁS FAMILIAS:
CHEGA O VERÁN… tempo de erguerse tarde, de mergullarse na piscina, de saltar nas ondas da praia, de asistir ás festas coa familia e os amigos, de facer excursións, ir de acampada ou facer algunha viaxe.
Pero de seguro que haberá momentos como un ratiño antes de durmir, tumbados á sombra dunha árbore, tomando o sol e mesmo acostados no sofá, nos que a compaña dun libro faranos voar a países e lugares imaxinarios e vivir emocionantes aventuras cheas de maxia, fantasía, humor, misterio… acompañados de todo tipo de personaxes que só viven nos libros.
Aproveitando estas vacacións, a biblioteca do colexio pon a disposición do alumnado (desde 1º ata 5º de Primaria) e as familias o empréstito de ata cinco libros para os nenos e nenas e de tres para os pais e nais.
Pedimos a vosa axuda no coidado deste material para que esta iniciativa se poida repetir nos próximos anos.
Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración e desexámosvos un bo verán e felices lecturas.
O Equipo de Biblioteca.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
FINA CASALDERREY CONNOSCO.
O martes 19 de xuño estivo connosco a escritora Fina Casalderrey, coa que conversamos sobre os libros que traballamos este curso. Aquí tedes o resultado desa charla:
Cal foi o teu primeiro libro?
Chámase "Mutación xenética", escrito fai 40 anos. Fala de cousas raras, xenes, esas cousas que temos dentro do noso corpo e que nos fan distintos.
É moi difícil crear historias?
Intento facelo o mellor que podo, e dedícolle todo o tempo do mundo, é como si estiveras xogando a algo que che gusta, por iso, non me parece moito o traballo de crear unha historia.
Cales foron os últimos libros que escribiches?
"O misterio do faro vello" e "O neno can". É un neno moi pobre que ten un can e cando vai pola rúa bótanlle pan ao can, e por iso aprendeu a facer o mesmo, coller os cachos de pan porque era pobre.
Como se che ocorreu escribir "O misterio dos fillos de Lúa"?
A historia dos fillos de Lúa... Calquera pode escribir unha bonita historia se quere. Eu tiven unha gata que se chamaba Lúa. Podería escribir unha historia deliciosa que empezou cunha gata abandonada que atopou o meu fillo. Cando tivo gatiños, Lúa non se agochaba de nós, "chamábanos", miañaba, pareceunos tan bonito que nos chamara! Nacía o primeiro gatiño e xa o estaba lambendo e coidando.
David é un neno literario, quere facerse o listo pero el non sabe como ocorren as cousas.
O malo é que un neno teña feridas de tanto traballar porque non vai á escola. Vós tedes moita sorte por ir á escola.
Como empezaches a escribir?
Cando empecei a traballar, facendo pequenas obras de teatro na escola. A culpa foi dun compañeiro que me dixo que publicara esas cousas, deixeinas na librería “Michelena de Pontevedra”. Logo traducíronas ao catalán. Disto fai 20 anos.
Cantos anos tiñas cando escribiches "Chamizo"?
A verdade é que teño que botar conta. Habería que restar aos anos que teño agora os que leva publicado, pasaron algún anos.
Cando a Saramago lle preguntaban cantos años tiña el dicia: “teño os anos desde que nacín pero os suficientes como para dicir o que quero”.
Como empezas a escribir un libro?
Cada un nace cunha idea distinta. Vou contar unha intimidade: cumprín moitas veces anos, meus pais eran moi novos cando eu nacín. O meu pai morreu e deixei de escribir. Eu escribía en dous periódicos galegos e deixeno. Despois dun tempo comecei a escribir. Escribin isto (ensínalles un folio escrito), que logo se converteu no libro "Eu son eu". A compañeira estaba triste e díxome que a súa nai tiña Alzheimer, enfermidade que lle rouba a memoria e que os médicos lle dixeron que é coma unha nena pero con aspecto de señora maior. De aí nace esa historia.
Por que Luceiro ("Cando a Terra esqueceu xirar") tiña tantas patas?
Non fun eu, foi o ilustrador. De feito déronlle o Premio Nacional de Ilustración. Quere dicir que cantas máis patas máis depresa se moven.
Os tres mellizos de "Quen me quere adoptar?", son reais?
Coñecín a unha mamá que tiña tres bebés na súa barriga. Cando xa tiñan 3 anos fun buscalos á gardería. Eu pensaba tolear, pero a nai colleunos e sen problema, coas mochilas na outra man. As nais fan maxia, por iso o puxen no libro.
En quen te inspiraches para crear o personaxe de Manuel do libro "Quen me quere adoptar?"
Tamén en Italia un profe xubilado, puxo un anuncio na tele para formar unha familia. Tiña moitos cartos e apareceron moitas familias que querían acollelo.
Por que nos teus libros os animais teñen protagonismo?
Eu fun nena de aldea, nunca tiven que estudar que as leitugas non nacen no supermercado, había cans, gatos... Se algún día estaba triste acariciaba a un animal e xa me alegraba. Hai nenos que teñen animais como forma de aprender e abrir o que teñen dentro ao resto do mundo.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- seguinte ›
- última »