Día do usuario e usuaria das bibliotecas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a celebrar por vez primeira o Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, a través de diversas iniciativas nas bibliotecas nodais de toda Galicia.
O obxectivo desta celebración é incrementar a lectura, e achegar a todos os usuarios e usuarias aos fondos e servizos que ofrecen as bibliotecas.
Tampouco faltarán actividades de lecer para o fomento da lectura e haberá sorpresas para os usuarios e usuarias en todas as bibliotecas nodais.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Unha mestra galega precursora do "ebook"
O cambio de século trouxo consigo a revolución dixital do mundo editorial, pero máis de cincuenta anos antes unha mestra galega xa ideara un soporte único para poder ler diferentes libros. O sistema ideado estaba baseado nuns carretes intercambiables con textos escritos.
Corría o ano 1949 e a Enciclopedia Mecánica ideada por Ángela Ruíz quizáis fose demasiado adiantada para o seu tempo, xa que non obtivo financiación para o invento.
Ángela Ruíz
- blogue de _tepo
- %count lecturas
A escritora Fina Casalderrey ingresa na Real Academia Galega.
A escritora de Xeve ( Pontevedra, 1951) ingresou na RAG, pronunciando un discurso no que confesou que en realidade " é unha mestra de escola a quen lle deu por escribir".
A nova académica é autora dunha extensa obra, especialmente no campo da literatura infantil e xuvenil, que arrancou en 1991 coa novela infantil "Mutacións xenéticas".Obra á que seguiron entre outras, " Dúas bágoas por Máquina".
No ano 1995 gañou o premio nacional de literatura infantil e xuvenil coa obra "O misterio dos fillos de Lúa".
A autora visitou a nosa biblioteca o curso pasado,contestando a todas as preguntas sobre a súa obra e rematando a visita coa firma de exemplares.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Ler CIENCIA na BIBLIOTECA
Con esta exposición animámosvos a entrar na biblio e buscar libros de Ciencia : o corpo, o espazo, a física,os experimentos e...
... por suposto as matemáticas.
" El Señor del Cero" de Mª Isabel Molina e " Universo Pitágoras" de Rocío Leira Castro farán que as matemáticas deixen de ser un pesadelo.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
UN ALIMENTO, UN LIBRO
Baixo este lema a biblioteca escolar do noso centro está a colaborar coa Asociación SOS Baixo Miño na campaña solidaria de recollida de alimentos, non perecedeiros, para axudar as familias que o precisan.
Todo o alumnado participante recibirá de agasallo un libro por cada alimento doado.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Banco de Textos
Unha recopilación de lecturas compartidas de libros de texto, de libros de lectura , revistas, xornais, páxinas web ... O banco de textos é un proxecto 2.0 que pretende tendo como protagonista principal ao texto , fomentar e mellorar a lectura do alumnado .
Todos os textos dispoñen dun formato de lectura a tamaño completo pensado para a PDI .
- blogue de Abalar
- %count lecturas
DÍA DA BIBLIOTECA
Como sabedes, o día 24 de Outubro celébrase o Día da Biblioteca promovido dende 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil. Para conmemorar esta data todos os cursos visitaremos a nosa biblioteca. Alí realizaremos diferentes actividades encamiñadas a coñecer un pouquiño máis o funcionamento e organización deste espazo máxico.
Aquí vos deixamos o cartel conmemorativo deste ano, deseñado polo ilustrador e humorista gráfico Andrés Rábago "El Roto", para celebrar este día. Así mesmo a escritora Laura Gallego foi a encargada da redacción do pregón que acompaña este cartel; unha fantástica historia dun lugar onde non había libros.
Se queres lelo, fai click no adxunto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PREGÓN DE LAURA GALLEGO.pdf | 41.64 KB |
- blogue de _tepo
- %count lecturas
AS MOCHILAS VIAXEIRAS
O pasado venres comezou unha nova andaina das mochilas viaxeiras. Estas pretenden achegar ás vosas casas un anaquiño da nosa biblioteca. Ademais constitúen un bo motivo para disfrutar e compartir de fantásticos momentos de lecer coa familia.
Aquí tedes xa dispostos aos catro primeiros mochileiros para iniciar unha nova viaxe.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
NOVO CURSO, NOVA AVENTURA
Ola son Tepo! Despois deste fantástico verán, comezamos unha nova aventura da man dos personaxes dos libros que atoparedes na nosa biblioteca.
Durante a semana pasada a miña maleta percorreu as vosas clases cunha morea de libros para formar as distintas bibliotecas de aula. Desexo que estas páxinas cheas de imaxinación, humor, fantasía, maxia,... permítanvos disfrutar e pasar un bo rato.
Estade atentos! Pronto comezará unha nova edición do concursiño "Tepo quere saber...". Ánimo e participade!
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Razonamento lóxico matemático
- blogue de Abalar
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- seguinte ›
- última »