Quilómetros de Solidariedade
Chega o 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e non Violencia, e con este motivo imos realizar as seguintes actividades:
O grupo " Juan XXIII" representará unha obra teatral.
Van Gogh é o artista que imos traballar en "CompARTE a PAZ".
O alumnado repartirá "Caramelos Solidarios".
Carreira " Quilómetros de Solidariedade" por Mali.
Na biblioteca podes coñecer a Van Gogh...
Ou consultar un atlas para buscar información sobre Mali.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Sementando libros
Nos vindeiros días unha comisión formada por alumnado de 4º, 5º e 6º presentará , ao resto de alumnos e alumnas do centro, as actividades que van realizar dentro do proxecto VOZ NATURA.
Na biblioteca podemos consultar unha serie de obras relacionadas...
SEMENTA IDEAS, RECOLLE FUTURO
- blogue de _tepo
- %count lecturas
"Catherine"do Nobel Patrick Modiano , unha porta de entrada á gran literatura.
Catherine é a novela infantil máis popular de Modiano, o último Nobel de Literatura , e un dos escritores franceses máis recoñecidos.
Catherine é a historia dunha nena que vive en París co seu pai.Catherine, que leva gafas, comparte co seu pai unha "dobre visión " do mundo: o real e outro "máis suave e acariciador" cando se quita os lentes...
Os debuxos de Sempé, ilustran o encanto desta pequena historia que é unha porta de entrada para os máis pequenos á gran literatura.
Debuxo de Sempé para a obra de Modiano " Catherine ".
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Amizade Mariña
AMIZADE MARIÑA
Eu coñecín un porífero
que de cor amarelo é
tiña pantalóns a cadros
e ollos azuis tamén.
Tiña un equinodermo como amigo
que sempre vai consigo,
e un veciño calamar
ao que sempre fai rabiar.
Os seus veciños mariños
celentéreos e crustáceos son,
os seus mariños veciños
aos que aprecia un montón.
Adrián Pereira
LA ESPONJA Y EL CARACOL LOS INVERTEBRADOS
La esponja un porífero es Hoy en el mar
filtra el agua y la echa otra vez he visto un calamar.
es blandita y suave a la vez Entre las rocas había un bulto
y también sirve para lavar a los bebés. que resultó ser un gran pulpo.
El caracol con su baba Una lombriz de tierra
suaviza la piel de la dama me daba mucha pena
y lleva a cuestas su casa se la comió una esponja de mar
que no es vertebrada. a la que le costaba mucho tragar.
Sheila Rodríguez Manuel Teixeira
OS INVERTEBRADOS MOLAN
Se un crustáceo Se unha araña
queres papar non queres ver
ponte a roupa vai ao parque
e corre ao mar. para te entreter
Esa oruga como mola A medusa tamén mola
se merece unha ola. se merece outra ola.
Se un verme queres coñecer
baixo a terra te tes que esconder.
Os invertebrados como molan
se merecen moitas olas.
Ismael Felgueiras
Adrián, Sheila, Manuel e Ismael compuxeron estes poemas sobre os invertebrados, seres vivos, que están a estudar na área de Ciencias Naturais.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Contacontos
Continuando coa actividade de animación á lectura iniciada en cursos anteriores, os alumnos e alumnas de 6º de EP representaron para o resto de alumnado do centro a obra titulada:
" A VODA DA PULGA E O PIOLLO".
Sorry, flash is not available.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
contacontos.flv | 9.15 MB |
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Novembro, mes da CIENCIA en GALEGO
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de Manifesto, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Actividades no Día da Biblioteca
Como vimos facendo nestes últimos anos, para celebrar o Día da Biblioteca realizamos diversas actividades :
Nos corredores fixemos unha exposición de libros ...MATEMÁTICOS ¡
O alumnado do 1º ciclo de Primaria elaborou marcapáxinas coma estes...
- blogue de _tepo
- %count lecturas
Aula Abalar - Proxecto Libros Dixitais
Marcos, Elena, Sheila, Adrián, Anas, Jose Antonio, Ismael,Omaima ,Ángel e Manuel son os alumnos e alumnas de 5º de EP que se incorporaron este curso a aula Abalar, e están a traballar no proxecto Educación Dixital.
Trátase dunha contorna virtual de aprendizaxe con libros dixitais en tódalas áreas.
O alumnado traballa co libro dixital .
- blogue de Abalar
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »