blogue deceip.chancelas
O vindeiro 1 de febreiro iniciouse o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.
- Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES de Poio) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo I). A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ .
- Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II). A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ .
- Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.
Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio)
FONDO SOLIDARIO: Alumnos que cursarán 3º e 4º de Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO: Alumnos que cursarán 1º e 2º de Primariacon renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: Alumnos que cursarán 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €.
PRAZO: Ata o 23 de xuño de 2017
DOCUMENTACIÓN: 1 Formulario por familia, copia do libro de familia (e orixinal). Se a situación familiar, en 31 de decembro de 2015, é diferente á que se rexistra no libro de familia, ou se se dan casos especiais deberá aportarse documentación acreditativa.
RENDA PER CÁPITA: É a renda referida ao exercicio fiscal 2015, o mesmo que a situación familiar. Calcúlase sumando os recadros 380 e 395 da declaración da renda correspondente ao ano 2015 (presentada en 2016) e dividíndoa polo número de membros da UNIDADE FAMILIAR (pais e fillos que conviven: menores de idade, agás os emancipados; maiores de idade con discapacidade; solteiros menores de 25 anos). Os membros con discapacidade igual ou superior ao 33% computarán por dous. No caso de membros con violencia de xénero non se terá en conta os ingresos do agresor.
IMPRESOS DE SOLICITUDE poden recollerse no colexio ou no portal educativo, en http://edu.xunta.es. Deberán presentarse presencialmente, preferiblemente no centro educativo.
Para máis información, na Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio) ou no colexio.
Chancelas, 26 de maio de 2017
A Directora
Asdo.: Mª Olga Teijeiro Díaz
http://www.edu.xunta.gal/portal/
http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:
PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN |
1-20 de marzo
|
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA. BAREMO. |
23 marzo ao 2 de abril |
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN |
24 de abril |
RECLAMACIÓNS |
5 días hábiles
(25 de abril ao 3 de maio) |
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN |
12 de maio |
RECLAMACIÓNS |
13 de maio ao 13 de xuño |
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA |
Do 20 – 30 de xuño |
Na secretaría do centro estarán a súa disposición as solicitudes de admisión, información e documentos necesarios a partir do 1 de marzo.