PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/
Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio)
FONDO SOLIDARIO: Alumnos que cursarán 3º e 4º de Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO: Alumnos que cursarán 1º e 2º de Primariacon renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: Alumnos que cursarán 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €.
PRAZO: Ata o 23 de xuño de 2017
DOCUMENTACIÓN: 1 Formulario por familia, copia do libro de familia (e orixinal). Se a situación familiar, en 31 de decembro de 2015, é diferente á que se rexistra no libro de familia, ou se se dan casos especiais deberá aportarse documentación acreditativa.
RENDA PER CÁPITA: É a renda referida ao exercicio fiscal 2015, o mesmo que a situación familiar. Calcúlase sumando os recadros 380 e 395 da declaración da renda correspondente ao ano 2015 (presentada en 2016) e dividíndoa polo número de membros da UNIDADE FAMILIAR (pais e fillos que conviven: menores de idade, agás os emancipados; maiores de idade con discapacidade; solteiros menores de 25 anos). Os membros con discapacidade igual ou superior ao 33% computarán por dous. No caso de membros con violencia de xénero non se terá en conta os ingresos do agresor.
IMPRESOS DE SOLICITUDE poden recollerse no colexio ou no portal educativo, en http://edu.xunta.es. Deberán presentarse presencialmente, preferiblemente no centro educativo.
Para máis información, na Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio) ou no colexio.
Chancelas, 26 de maio de 2017
A Directora
Asdo.: Mª Olga Teijeiro Díaz