blogue deceip.chancelas
O VINDEIRO 17 DE XUÑO DE 2019 CONVIDAMOS AOS NOVOS ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020 A PASAR UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO E O PROFESORADO DO COLE EN HORARIO DE 10 A 11:30. A ESTA XORNADA PODERÁN ASISTIR OS/AS NENOS/AS ACOMPAÑADOS DALGÚN FAMILIAR.
ESE MESMO DÍA PODEREDES RECOLLER AS CARPETILLAS COA DOCUMENTACIÓN PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA. O QUE NON POIDA ASISTIR ESE DÍA, PODERÁ RECOLLELA NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 9:15 A 10:00 OU DE 13.30 A 14:15.
LEMBRADE QUE O PRZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA É DO 20 AO 30 DE XUÑO.
Prazo de solicitudes:
Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2019-2020 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
Documentación a presentar:
As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (formulario ED550D) poderanse recoller na secretaría do centro. Tamén estarán dispoñibles na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisión de alumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Deberán ser presentadas na secretaría do centro e acompañadas da seguinte información:
- Fotocopia de DNI do alumno/a e dos proxenitores.
- Fotocopia do libro de familia.
- Certificado de empadroamento actualizado.
- En caso de separación ou divorcio, deberán presentar copia do consello regulador ou resolución xudicial.
INFORMACIÓN INPORTANTE
A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar de forma presencial ou na aplicación "admisión de alumnado".
Normativa de aplicación
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Instruccións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O alumnado de 6º debe facer a reserva de praza, para o vindeiro curso, elexindo o instituto no que queira cursar 1º da ESO.
Do 1 ao 15 de febreiro debe entregar o ANEXO I (Reserva de praza). Poden facelo no Portal Educativo da Xunta de Galicia (edu.xunta) na lapela “admisión alumnado” ou recollelo en secretaría do centro.
Posteriormente deberá formalizar a matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo no Centro de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no que resulte admitido.
A Dirección