blogue deceip.chancelas
Adxuntamos LISTAXE PROVISIONAL das AXUDAS de libros de texto (1º e 2º) e material escolar para toda Primaria.
A recollida de vales realizarase en SETEMBRO.
Adxuntamos listaxe provisional do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º E 6º)
Informamos que nos foi concedido o PROXECTO EDIXGAL: O alumnado de 5º de Primaria non entrará no fondo de libros pois disporán de dispositivos dixitais concedidos pola Consellería de Educación.
Dende o ano 2021-2022 o centro introdúcese no proxecto europeo de PLAN DIXITAL.
O documento do Plan Dixital do Centro V1.0
Debido ás especiais circunstancias causadas pola crise sanitaria, as programacións do terceiro trimestre do curso 2019-2020 tiveron que ser modificadas, seguindo a normativa vixente (Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.)
Están dispoñibles para a consulta no documento adxunto.
Segundo a Orde do 12 de maio de 2020 (DOG do 19), xa está aberto o prazo para a SOLICITUDE ONLINE de FONDO de LIBROS e AXUDAS DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO ata o 19 de xuño de 2019 na seguinte páxina web:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Para a realizar a SOLICITUDE PRESENCIAL será necesaria CITA PREVIA. Ao longo desta semana, o centro poñeranse en contacto coas familias para concretar as citas. Preferiblemente traer cuberta a solicitude. Poderedes descargala no seguinte enlace:
DESCARGAR SOLICITUDE: ANEXO I E II
Mais información na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: enlace
Manual de usuario para os cidadáns: enlace
Para calquera dúbida contactade co centro:
- Correo electrónico ceip.chancelas@edu.xunta.es
- Teléfonos: 886151469 ou 886151470