blogue deceip.chancelas
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
AVISO IMPORTANTE ÁS FAMLIAS:
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022.
Informamos que xa está publicada no DOG a orde da convocatoria para:
- Fondo solidario de libros de texto en 3º e 4ºde Primaria,
- Axuda dos libros de texto en 1º e 2º de Primaria
- Axuda para material escolar en todos os cursos de Primaria.
A solicitude poderá descargarse e presentarse accedendo á aplicación Fondolibros:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/#
e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.
- Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.
Así mesmo o impreso tamén estará dispoñible na secretaría do centro a partires do 1 de xuño en horario de LUNS A VENRES de 09:15h a 10:00h e de 13:30h a 14:15h e será única para todos os fillos/as admitidos no centro para o curso 2021/22.
O alumnado que pasa a 1º da ESO terá que presentala no instituto.
O prazo de presentación da solicitude remata o 22 de xuño do 2021.
É requisito indispensable para optar ás axudas, devolver os libros de texto deste curso 2020/2021 adquiridos coas axudas ou recibidos do Fondo Solidario.
Informamos que na listaxe definitiva todas as solicitudes foron admitidas.
Seguindo as INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE DESENVOLVEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022 podedes consultar as listaxes definitivas de admitidos da seguinte forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación.
Informamos que na listaxe provisional todas as solicitudes foron admitidas.
Seguindo as INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE DESENVOLVEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022 podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos da seguinte forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación.
O prazo para a admisión do alumnado novo será do 1 ao 20 de marzo. Próximamente iremos avanzando novas sobre o tema.
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Achegamos instrucións da Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
- NON ten que presentar solicitude: O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
- Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES:
- Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo en horario de 9:00 a 10:00 ou 13:30 a 14:00.
- Prazo: Do 16 ao 27 de novembro de 2020. Para evitar aglomeracións organizaremos a presentación de solicitudes do seguinte xeito:
- 1º 2º e 3º de Primaria: Presentarán a solicitude do 17 ao 20 de novembro.
- 4º, 5º e 6º de Primaria: Presentarán a solicitude do 23 ao 26 de novembro.
Adxuntamos enlace para descargar a solicitude:
https://drive.google.com/file/d/1xtsYGKnagEaUXhg1JEBxVn1lE9LI7qHI/view?usp=sharing
A ADQUISICIÓN E DISTRIBUCIÓN DAS MÁSCARAS CORRERÁ A CARGO DO CENTRO E SERÁ ENTREGADA AO ALUMNADO CANDO REMATE O PRESENTE PROCEDEMENTO.
Para calqueira dúbida, contactade co centro en horario secretaría de 9:00 a 10:00 ou 13:30 a 14:00.
Un saúdo. A Dirección
Debido ás circunstancias sanitarias actuais, este curso escolar tanto o centro educativo como a ANPA vémonos na obriga de suspender o servizo de biblioteca polas tardes e as actividades extraescolares a excepción da actividade de piscina que se realizará os xoves ás 17:30h no Centro Deportivo Rías do Sur en Pontevedra (Pontemuíños). Os interesados nesta actividade poderán facer a xestión no propio centro deportivo.
Por este motivo, o centro permanecerá pechado en horario non lectivo.
Desde o equipo de biblioteca, estableceremos mecanismos alternativos para facer posible o préstamos ás familias do cal informaremos en canto esté preparado.
Un saúdo. A Dirección