blogue deceip.chancelas
Xa está dispoñible a listaxe de admitidos e excluídas nas axudas para a adquisición de libros (1º e 2º) e material escolar (toda primaria). Podedes recoller os vosos vales no centro os días 9, 10 e 11 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas ou a partires do 1 de setembro.
AVISO DA ANPA:
Informamos que xa se pode facer o ingreso como socios da ANPA para o curso 2018/2019.
Podedes descargar a solicitude de comedor e o impreso de autorización para a recollida nesta entrada web. Esta documentación tamén estará á vosa disposición na librería de Combarro ou podedes solicitarlla por correo electrónico á ANPA anpachancelas@gmail.com
NORMATIVA:
Decreto 254/2012, do 13 de decembro, publicado no DOG do 26 de decembro de 2012, que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2ºciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
INSTRUCIÓNS da Xefatura Territorial e da Dirección Xeral de Centros
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES
Xunto con este resume da lexislación sobre o proceso de admisión, publicamos a relación de postos escolares ofertados segundo a normativa vixente ao respecto.
PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2018/19
NIVEL EDUCATIVO |
PRAZAS |
PERMANENCIAS |
VACANTES |
4º EDUC. INFANTIL |
25 |
25
|
|
5º EDUC. INFANTIL |
25 |
25 |
0 |
6º EDUC. INFANTIL |
25 |
23 |
2 |
1º EDUC. PRIMARIA |
25 |
24 |
1 |
2º EDUC. PRIMARIA |
25 |
26 |
0 |
3º EDUC. PRIMARIA |
25 |
24 |
1 |
4º EDUC. PRIMARIA |
25 |
28 |
0 |
5º EDUC. PRIMARIA |
25 |
20 |
5
|
6º EDUC. PRIMARIA |
25 |
25 |
0 |
*No nivel de 4º de Ed. Infantil quedan reservadas 3 prazas por aula para alumnado de NEE; e 1º de Ed. Primaria queda reservada 1 praza dispoñible.
PRAZOS.
CALENDARIO Publicamos o calendario establecido para todo o proceso de admisión 2018-2019, no que figuran os diferentes prazos.
Calendario do proceso de admisión para o curso 2018/19 |
|
Reserva de praza |
Do 1 ao 15 de febreiro |
Listaxe asignación prazas centros adscritos |
Antes do 28 de febreiro |
Publicación de vacantes |
1 de marzo |
Presentación de solicitude de admisión |
Do 1 ao 20 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos |
Antes do 25 de abril |
Publicación de listaxes definitivas |
Antes do 15 de maio |
Formalización de matrícula |
Do 20 ao 30 de xuño |
Publicamos tamén o horario preferente de atención en secretaría.
De luns a venres de 9:15 a 10:05 e de 13:25 a 14:15.
CENTROS ADSCRITOS:
O noso centro está adscrito ao IES de Poio.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS
Este centro oferta os seguintes servizos complementarios:
SERVIZO |
ORGANISMO DE QUEN DEPENDE |
Transporte |
Xunta de Galicia |
Plan Madruga |
ANPA O Xunqueiro |
Comedor |
ANPA O Xunqueiro |
Actividades extraescolares |
ANPA O Xunqueiro |
SOLICITUDES DE ADMISIÓN
1.- As solicitudes axustaranse ao modelo oficial, Anexo II. Debe cumprimentarse axeitadamente na súa totalidade. Asinarán o pai, nai ou os titores legais correspondentes. No caso de divorcio ou separación deberá estar firmada polos dous proxenitores.
2.- Impreso (ANEXO II): será facilitado gratuitamente nos centros docentes. Poderase descargar desde a páxina web do centro https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
3.- Presentarase unha única solicitude, dirixida á dirección do centro. Poderase realizar a solicitude a través da aplicación informática: www.edu.xunta.es/admisionalumnado En todo caso recomendamos que se informen debidamente na secretaría ou na dirección do centro.
4.- A solicitude presentarase no centro que se solicite en 1º lugar. Nela poderán relacionarse outros seis centros, por orde de preferencia.
5.- Na columna “puntuación” da solicitude (Anexo II) os solicitantes cubrirán os datos numéricos con claridade, poñendo un “0” onde non haxa puntuación. Posteriormente, en caso de ser necesario, deberán acreditar este baremo coa documentación pertinente.
6.- Os Centros expedirán unha copia selada e con data de entrega por cada solicitude presentada.
7.- Prazo de solicitudes. Desde o 1 de marzo ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive.
8.- Solicitudes fóra de prazo. As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade en relación coas presentadas no prazo establecido e serán remitidas á comisión de escolarización.
9.- Alumnado con Necesidades Educativas Específicas. Na solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando, se fora o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.
10 .- Documentación acreditativa dos criterios alegados. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
- Impresos de solicitude Anexo II
- Copia DNI dos pais do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar (no caso de que deneguen a comprobación de datos).
- Copia do libro de familia.
- Folla de empadronamento de toda a unidade familiar.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
- Condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede.
- Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/a, se é o caso.
Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.
BAREMO:
Cando finalice o prazo de presentación de solicitudes, se a demanda supera a oferta de prazas, abrirase un prazo para que se presente a documentación xustificativa dos méritos alegados. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.
1.- Documentación acreditativa dos criterios de puntuación alegados:
· Domicilio: (Certificación de domicilio familiar expedida polo Concello de Poio cun ano de antigüidade)
· Criterios de: Traballo, discapacidade... (Documentos acreditativos)
· Irmáns no centro: Certificación da secretaría.
2.- Datos referidos á renda. Cando se solicite puntuación por renda deberán valorar o seguinte: Suma das casiñas 380 e 395 da declaración de 2016, dividida entre o número de membros da unidade familiar.
Año |
IPREM |
IPREM Anual |
IPREM Anual |
2016 |
532,51 € |
6.390,13 € |
7.455,14 € |
3.- Empate na puntuación En caso de empate na puntuación aplicaranse sucesivamente os criterios de desempate establecidos no art. 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.
4.- Comisión de escolarización: Se o número de solicitudes fora maior que a oferta de prazas, os centros remitirán estas solicitudes á Comisión de Escolarización.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.
O alumnado admitido en cada centro educativo formalizará a súa matrícula empregando o modelo Anexo III no prazo seguinte: Do 20 ao 30 de xuño
OUTRAS INFORMACIÓNS
Para máis información diríxanse á Secretaría ou á Dirección do centro.