Boas raparigas e raparigos!
Estamos nos momento de "Habelas Hailas", de falar dos medos e de meterlle un bo susto á comida lixo... Parece que todo está moi relacionado cunha festividade moi típica da nosa terra, o Samaín. Para afondar máis sobre esta celebración chea de misterio, podedes darlle un clic aquí e responder as cuestións que Puca ten para vós a través de:
- Puca quere saber sobre o Samaín para nenas e nenos de Ed. Infantil.
- Puca quere saber sobre o Samaín para nenas e nenos de Ed. Primaria.
Pero que é unha festa de Samaín sen lendas, sen historias de misterio, sen contos das avoas e avós...?
Sabedes que unha das cousas que más me apaixona é ler, pero que me conten historias, lendas ou mitos tamén me encanta. Por iso, propóñovos un reto, un "Puca Quere Saber sobre as lendas" e "Puca quere saber sobre seres mitolóxicos". Que vos parece se nos mergullamos na nosa cultura e se descubrimos tradicións e costumes propias da nosa terra a través destes contos. Apetécevos?
Aquí vos deixo algunhas páxinas que vos poden ser de gran axuda para a vosa investigación.
- Lendas galegas, lendas de Galicia (swred.com)
- MEDIATECA. Contos, mitos e lendas galegas (galiciaencantada.com)
- Contos Galegos. Mitos e Lendas galegas. Galicia Encantada. Fantasía popular de Galicia.
- Mitos, contos e Lendas galegas - Galicia Encantada
Todas esas lendas e mitos podémolos amosar ao resto de compañeiras e compañeiros a finais deste mes a través dun apadriñamento lector (que sei que vos gusta) ou a través dun podcast en OndaPucaRadio (que xa está a piques de comezar a funcionar).
Estades preparadas e preparados? Pois comecemos a somerxernos no marabilloso mundo das lendas
Bicos e apertas (con distancia) a moreas.