Queridas nenas e nenos!
O primeiro trimestre chegou ao seu fin e é o momento de facer un resumo sobre este período bimensual: Nadal Maker. Queredes saber todo o que fixemos ao longo destes dous meses? Comeza a viaxe!
Agrupacións de Centros Escolares. A comezos de novembro recibimos a visita das mestras e mestres dos centros participantes no proxecto "Agrupamentos de Centros Escolares" dende Cartaxena, Badaxoz e Gran Canaria. Se premedes na seguinte imaxe, poderedes acceder ao espazo virtual onde se recolle todo o que se está a realizar no proxecto.
Comezo dos Clubs de Lectura. Neste período tamén tivo comezo os Clubs de Lectura, tanto de familias como de nenas e nenos. O grupo das adultas/os decirion ler "Tostonazo" de Santiago Lorenzo e o grupo de nenas e nenos comezaron con "A gruta da torre" de Lois Pérez.
Día do Peón e Magosto. Visita das familias ao centro para gozar dunha xornada de degustación de castañas e de xogos populares.
Mes da Ciencia. Os cursos superiores da etapa de Educación Primaria continúan a investigar sobre este ámbito, empregando a experimentación para crear, por exemplo, folerpas de neve con sal.
Saídas. Ao longo deste dous meses, os cursos da etapa de Educación Primaria visitaron a lonxa de Celeiro, o Castro de Rueta e o Museo do Mar. Foron unhas saídas cheas de aprendizaxe, de momentos compartidos co grupo clase e de moita emoción.
Visitas. Tamén recibimos a visita do GES para saber como intervir en caso de incendio ou como aplicar primeiros auxilios e de Alba Vila en colaboración co OPP-7 Porto de Burela para coñecer un pouco mellor o peixe da zona e os seus beneficios.
Conmemoracións. Celebración do 25N a través da marcha ata a Praza do Concello e a lectura dun manifesto e do 3D contando coa visita de Ángeles do Museo do Mar de San Cibrao para relatarnos e explicarnos como é o seu día a día.
Bibliocervo. Posta en marcha de propostas como o Momentazo de Ler, Canto conto ten, Familias que contan, campaña de expurgo Unha nova viaxe... Ademais, as e os axudantes de Puca están traballando arreo ao longo da semana para que este recuncho estea sempre perfecto e para que todas e todos poidamos gozar de Bibliocervo nos tempos de lecer.
Voz Natura. Ra Natura non para de traballar para que o noso cole sexa cada vez máis consciente e respectuoso co medio ambiente. Ademais, as propostas que nos envía axúdannos a ter sempre presente as 3R e a facer un consumo responsable. Anímovos a que visitedes o seu fogar, aquí.
Peche de trimestre. Para pechar este primeiro trimestre e dar comezo as vacacións de Nadal, contamos coa "Amiga/o Invisible/Visible", coa visita dos elfos e co recital por parte do alumnado dunhas fermosas panxoliñas.
Feito todo este percorrido, só me queda desexarvos unhas moi felices festas de Nadal. Agardo que gocedes moito destes días e que recarguedes as baterías para comezar o segundo trimestre con moita forza e enerxía.
Vémonos á volta rapazas e rapaces.
Bicos e apertas a moreas!