Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

Primeiro mandado da Bruxa Encarnación

As nenas e nenos de 5º de educación infantil cumplindo o primeiro mandado da Bruxa Encarnación.

Bruxa Encarnación I

A semana pasada enterámonos de que a Bruxa Encarnación fixera un cambio total de aspecto e quixemos facer unha exposición coas posibles melloras que cada quen consideraba para a nosa querida bruxiña; finalmente o venres apareceu a Bruxa e...a verdade...non acertamos moito!!

Aniversario Adriana

Hoxe celebramos o aniversario de Adriana, xa empezan a cumplir 5 anos!! Encantáronnos as historias que seu pai e súa nai nos contaron.

 

Maleta sostibilidade

Durante o mes de xaneiro desfrutamos na aula de 5º de educación infantil do marabilloso contido da maleta de sostibilidade que crearon para nós dende o equipo de biblioteca. Nela atopamos moitísima información sobre o PDI que estamos a desenvolver durante este curso; encantáronnos tanto os libros informativos coma os contos e aprendimos moitísimo con eles.

Coidamos as plantas

Xa temos na clase as plantas que imos coidar con moitísimo cariño este trimestre, pero o primeiro que fixemos foi saber o seu nome e cales son os coidados que precisan; esperamos que se sintan ben na nosa clase e que medren moito.

Aniversarios

No mes de decembro Laura e Lucas cumpliron 4 anos, que maiores están estas nenas e nenos; PARABÉNS!!

Contos de boca

A semana pasada tivemos a visita de Diego o pai de Lois para ler un conto, xa casi é o noso pai lector oficial! Nesta ocasión trouxo o conto El gigante: El secreto del abuelo. Unha historia de tolerancia onde coñecemos a un neno que co paso do tempo comprende que existen segredos demasiado grandes para estar ocultos. Grazas unha vez mais Diego por acompañarnos.

Mates en familia

Continuamos cós grupos interactivos nunha nova edición de mates en familia na que Daniel o pai de Lucas Puentes e Daniel o pai de Marco viñeron a facer dous xogos con nós. O primeiro dos xogos consistía en contar os dinosaurios que nos di a tarxeta e o outro en reproducir as formas; o terceiro dos xogos consistía en saltar coas ranitas segundo o número que sae no dado e dicir o número ao que chegamos. Sempre é un pracer contar coa colaboración das familias, moitas grazas.

Contos compartidos

Nova edición de contos compartidos na que Ariadna e Daniela Garrote viñeron a contarnos El nuevo nido de los pequeños marsupilamis, unha historia moi graciosa na que a familia de marsupilamis busca un novo fogar para vivir, na súa búsqueda terán que resolver diferentes situacións que implican a outros animais. Grazas compañeiras por vir a ler á nosa clase.

Mates en familia

Comezamos o trimestre con unha nova edición de grupos interactivos, esta vez tocou mates en familia. Lucía a nai de Antón e Eduardo o pai de Marilandy participaron na dinamización de dous xogos, un no que tiñan que contar perlas segundo o número que saira nun dado e o bingo das formas; ademais fixemos outro xogo na pantalla dixital no que tiñan que seguir as series. Moitas grazas familias por seguir participando.

Distribuir contido