Skip to Content

Educación Primaria

Despedimos aos alumnos/as de 6º de Primaria

Hoxe foi un día moi emotivo, porque despedimos aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. No día de hoxe rematan unha etapa, para comezar outra distinta nas súas vidas académicas. 

Un día de sentimentos encontrados, pois despedímonos con agarimo dos nosos queridos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Vós, que enchestes as nosas aulas de risos, aprendizaxes e momentos inesquecibles, comezades agora unha nova travesía chea de retos e oportunidades.

Dende o CEIP A Castellana, queremos dicirvos que sempre levaremos un anaco de vós nos nosos corazóns e que aquí sempre atoparedes un fogar.

Que a sorte vos acompañe nesta nova etapa!

Ver todas as imaxes.

Despedímonos cun fermosos baile!

Os alumnos de 5º e 6º de primaria estiveron preparando un fermoso baile como despedida a este curso.

Traballaron con moita ilusión e esforzo durante semanas, perfeccionando cada movemento e coordinando os seus pasos para ofrecer un espectáculo inesquecible.

FlashMob de 3º e 4º de Primaria

O flashmob (movemento rápido) é unha actividade divertida e dinámica, onde os nenos e nenas participan nunha coreografía sorpresa en grupo.

Esta práctica non só promove a actividade física, senón que tamén fomenta o traballo en equipo, a coordinación e a creatividade.

Ademais, bailar ten un impacto positivo no desenvolvemento emocional e social dos estudantes, mellorando a súa autoestima e fomentando a expresión corporal. Integrar o baile no ámbito educativo axuda a crear un ambiente máis ameno e inclusivo na aula.

Excursión á Granxa Coventina

O contacto regular cos animais e a natureza ofrece numerosos beneficios para os nenos e nenas. En primeiro lugar, promóvese o benestar emocional e mental.

Estar rodeado de natureza e interactuar con animais axuda a reducir os niveis de estrés e ansiedade. Ademais, fomenta a empatía e o respecto cara aos seres vivos, ensinando aos nenos a importancia do coidado e a responsabilidade.

Estes momentos ao aire libre tamén son unha excelente oportunidade para desconectar das pantallas e as tecnoloxías, permitindo un descanso mental necesario.

Compartimos con todos vos algunhas das imaxes da excursión de fin de curso que fixemos á Granxa Coventina, onde fixemos actividades como tiro con arco, montamos a cabalo, en burro e incluso fixemos de oleiros nun pequeno taller práctico.

Podedes ver todas as imaxes premendo aquí.

A Castellana Chefs!

Os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria convertíronse en Chefs por un día.

Como despedida ao noso auxiliar de conversa, fixeron esta fermosa e didáctica actividade para poder empregar a lingua inglesa e tiveron a oportunidade de practicar vocabulario e expresións en inglés mentres elaboraron receitas moi ricas.

Esta combinación non só enriquece o coñecemento cultural dos nenos e nenas, senón que tamén lles permite desenvolver destrezas sociais e comunicativas nun ambiente natural e estimulante.

A primavera invítanos a sementar!

O noso centro foi seleccionado para desfrutar dunha mesa de cultivo dotada polo Fondo Galego de Garantía Agraria. Grazas a dita mesa os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria comenzaron a sementar tomates e cenorias. 

A importancia de fomentar a sementeira en nenos e nenas no ámbito educativo é fundamental para o desenvolvemento integral dos máis novos.

A través destas actividades, os nenos aprenden sobre a responsabilidade e o coidado, xa que deben atender as súas plantas regularmente. Ademais, esta práctica tamén lles ensina sobre os ciclos da natureza e a importancia da sustentabilidade.

Ao cultivar plantas, os estudantes poden ver o impacto directo das súas accións no ambiente, o que reforza a idea de que os seus esforzos poden contribuír a un cambio positivo. Outro aspecto relevante da horticultura na educación é o seu valor terapéutico.

Traballar con plantas pode ser moi relaxante e reducir o estrés, o que é especialmente beneficioso no contexto escolar, onde os alumnos poden sentirse presionados por exames ou tarefas. Ademais, a horticultura pode ser unha ferramenta inclusiva que permite a participación de todos os estudantes, independentemente das súas habilidades físicas ou cognitivas, promovendo a igualdade e a integración dentro do grupo.

 

Facemos un mural pintando como Jen Starck

A pintura de Jen Stark é unha ferramenta inestimable para o desenvolvemento dos nenos e nenas. Compartimos con todos vós unha obra de arte que fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria.

A través das súas obras, os estudantes poden explorar a creatividade, a expresión e a imaxinación dunha maneira única e emocionante.

Traballar coa pintura de Jen Stark fomenta o desenvolvemento de habilidades como a coordinación man-ollo, a destreza manual e a apreciación da arte contemporánea.

Ademais, promove a expresión persoal, a colaboración e o traballo en equipo, ofrecendo aos nenos/as unha experiencia de aprendizaxe enriquecedora e divertida.

Festa da árbore 2024

No día de hoxe estivemos a celebrar a Festa da árbore no centro educativo, organizada polo Concello de Aranga en colaboración co colexio

Pola mañá puidemos desfrutar da solta dunha ave, así como de diversas actuacións que puidemos ver no pabillón do centro e unhos fermosos bailes dos rapaces e rapazas de baile galego.

Posteriormente os alumnos/as que participaron no Concurso organizado polo Concello de Aranga ensinaron os seus fermosos debuxos.

Agradecer ao Alcalde e a todo o Concello de Aranga polos agasallos e pola organización de todas as actividades.

 

Pola tarde, brincamos e xogamos moito nos hinchables, compartimos con todos vós algunha das imaxes.

 

De todos os xeitos, tedes moitas máis fotografías na galería; podedes acceder premendo aquí.

Aprendemos a encadernar!

Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron a celebrar o día do libro mediante un fermoso e didáctico taller onde aprenderon a facer encuadernación. 

Posteriormente, elaboraron un libro coa vida de Cervantes e Shakespeare.

Compartimos por aquí algunhas das imaxes.

 

 

Coñemos máis sobre o compostaxe

A compostaxe é unha parte fundamental da educación ambiental nas etapas iniciais, como a educación primaria. Introducir aos nenos e nenas ao proceso de compostaxe axúdaos a entender o ciclo de vida dos materiais orgánicos e a importancia de reciclar e reducir o lixo.

Este coñecemento fomenta unha conciencia ambiental desde idades temperás, ensinándolles o valor de coidar o noso planeta. Ademais, ao participar activamente en actividades de compostaxe, desenvolven habilidades prácticas e aprenden sobre responsabilidade e traballo en equipo.

No día de hoxe os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria aprenderemon moito sobre compostaxe, grazas a unha charla que nos brindou o Concello de Aranga. 

Distribuir contido


by Dr. Radut