Skip to Content

Educación Primaria

Celebramos o entroido!

Onte estivemos a desfrutar dunha fermosa xornada de Entroido. Este ano fomos caracterizados de animais.

Os alumnos/as de Educación Infantil disfrazaronse de animais mariños, 1º e 2º de EP de animais do bosque. 3º e 4º de animais de paxaros ou aves salvaxes e os mais maiores do colexio foron disfrazados de animais da granxa.

Sen dúbida, foi un fermoso día no que todos e todas puidemos desfrutar do Entroido grazas a boa participación de toda a Comunidade Educativa.

Compartimos con todos vos, algunhas imaxes. Recordade que poderedes atopar a totalidade de imaxes na galería facendo clic aquí.

Agradecer a todos os pais/nais pola grandísima participación e a ANPA por eses doces tan ricos!

Xogamos ao Colpbol

O colpbol, é un deporte que promove a cooperación e o traballo en equipo, xa que se xoga en grupos e require a participación de todos os membros para o desenvolvemento do xogo.

Aquí vemos aos alumnos de 3º e 4º de Primaria na pista exterior desfrutando dun fermoso día:

 

Esta disciplina fomenta a inclusión, pois permite a participación mixta e adapta as regras para diferentes niveis de habilidade, ademais de mellorar capacidades físicas como a velocidade, a resistencia e a coordinación, ao tempo que estimula a toma de decisións rápidas e a estratexia colectiva.

Celebramos o Día da Paz!

O Día da Paz é unha data fundamental para fomentar entre os nenos de educación infantil e primaria valores como a tolerancia, o respecto mutuo e a non violencia.

Celebrar o Día da Paz nas escolas serve para sensibilizar os pequenos sobre a realidade de moitos nenos no mundo que viven en situacións de conflito e carestía.

É unha oportunidade para ensinarlles a importancia de convivir en sociedade respectando ás demais persoas, independentemente das súas diferenzas.

Festival de Nadal!

Hoxe celebramos por todo o alto a chegada do Nadal e das tan merecidas vacacións para todos e todas, xa que traballaron moito durante este primeiro trimestre.

Compartimos con todos vós as actuacións de Nadal destes pequenos e pequenas gran artistas e algunha imaxe da fermosa xuntanza que fixemos entre toda a Comunidade Educativa, desfrutando dun delicioso chocolate con larpeira.

Tedes o resto de imaxes na galería.

Canto rimos cos títeres de Borxa Insua!

Hoxe tivemos a visita de Borxa Insua de Títeres Alakran. Que ben o pasamos e canto rimos!

O traballo cos títeres nos máis pequenos de primaria é fundamental xa que contribúe ao desenvolvemento da imaxinación e creatividade, fomenta a expresión oral e corporal, e facilita a comprensión e interiorización de normas sociais e valores.

A manipulación e a representación con títeres permite que os nenos e nenas experimenten con diferentes roles, emocións e situacións, favorecendo así o seu desenvolvemento emocional e social.

Ademais, os títeres poden ser unha ferramenta inclusiva que axude a integrar a todos os alumnos, xa que permite adaptar as actividades ás diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.

Ver imaxes de hoxe.

Agradecemos a ANPA e ao Concello pola participación na actividade.

Hoxe recibimos a máxica visita de Papá Noel!

Este ano portámonos todos e todas xenial e tivemos no día de hoxe a máxica visita de Papá Noel, que puido recoller él mesmo todas as cartas que días atrás lle escribimos con moito agarimo.

Compartimos con todos vós algunhas das imaxes do día de hoxe. 

Canta ilusión e ledicia temos coa chegada do Nadal!

Na galería de imaxes podedes ver e descargar o resto de fotos que fixo con todos e todas. Quedaron moi fermosas!

Agradecemos a ANPA e ao Concello pola participación na actividade.

 

Cantamos con Pako Pakolas e a súa ilustradora Laura

Hoxe desfrutamos de Pako Pakolas e as súas cancións, xunto coa súa ilustradora Laura; que ao mesmo tempo que cantábamos as cancións debuxou os protagonistas das súas cancións tan marchosas.

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

Lectómetro de 3º e 4º

A lectura é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento intelectual e emocional dos nenos de primaria. A través dela, os pequenos abren unha fiestra a mundos imaxinarios, enriquecen o seu vocabulario e melloran a súa comprensión lectora.

Ademais, ler fomenta a capacidade crítica e creativa, permitíndolles construír o seu propio criterio fronte a diversas situacións. Ao mergullarse nas páxinas dun libro, os nenos exercitan a súa concentración e aprenden a manter a atención durante períodos máis longos de tempo. Isto é especialmente relevante na era dixital, onde os estímulos breves e constantes poden afectar a súa capacidade para manterse enfocados en tarefas únicas.

Compartimos con todos vós, a actividade feita na aula de 3º e 4º de Primaria: O lectómetro. Cada neno/a ten un cohete personalizado, que comezan xa a despegar en función do que lea cada un.

Hoxe pasámolo en grande con Paco Nogueiras!

Hoxe visitounos Paco Nogueiras, para darnos ledicia e festa a todos e todas! Gozamos con este músico, actor e contacontos todos e todas xuntos na escoliña pequena.

Pasámolo xenial, encantáronnos os contos que nos relatou. 

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

Happy Thanksgiving!

Cada cuarto xoves do mes de novembro celébrase o día de Thanksgiving (Acción de Gracias) nos Estados Unidos.

Este ano temos a sorte de poder celebralo co noso auxiliar de conversa, Unai, orixinario de Los Ángeles.

Durante esta semana puidemos achegarnos un pouco máis a esta festividade grazas á súa experiencia, e os compañeiros de 3º e 4º, aproveitamos a súa colaboración na materia de Arts & Crafts para elaborar estes preciosos pavos.

Esperamos que vos gusten!

Distribuir contido


by Dr. Radut