Skip to Content

Educación Primaria

Exposición de cabazas

Estimadas familias:

Co motivo da celebración de Samaín / Halloween, invitámosvos a participar na exposición de cabazas que terá lugar na entrada do colexio.

Animádevos a decorar unha cabaza na casa con diferentes motivos (de maneira VOLUNTARIA).

Estas traeranse ao cole o mércores 26 de outubro e permanecerán expostas ata o venres 28 de outubro, que as levarán de volta á casa.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

PD: coa chegada do Samaín, parece que unhos morcegos moi estranos entraron na páxina... 

Aprendemos as minúsculas con tarxetas do outono!

No día de hoxe, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, estivemos a aprender as minúsculas cunhas tarxetas de Outono moi fermosas. 

Puidemos aprender diferente vocabulario desta fermosa época do ano.

Libros de Marian Rojas

 

Aprendemos xogando!

Hoxe compartimos con vos unha xornada de aprendizaxe cos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria na Biblioteca. 

Puidemos formar palabras e desfrutar dunha xornada de lectura coa nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho.

 

Lip dup fin de curso - CEIP Castellana

Como actividade para dar remate a este curso 2021-2022, dende o colexio organizamos este Lip Dub que contou coa participación de todo o alumnado e profesorado. 

Un lip dub é un vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus beizos, xestos e movementos cunha fonte musical. Neste caso a canción escollida foi "Yo quiero bailar" do grupo "La Pegatina".

Dende o CEIP A Castellana, desexamosvos un feliz verán a todos e todas! 

 

Desfrutamos dos animais en Marcelle Natureza

A idea de que os nenos/as conecten coa natureza é sen dúbida, algo moi beneficioso para corpo e mente.

O tempo que se pasa ao aire libre vinculouse á mellora da capacidade de concentración, a memoria e a función executiva, é dicir, como aprendemos fronte a que aprendemos.

A natureza ofrece moitas oportunidades de observación e fomentar esta habilidade constrúe a súa capacidade para concentrarse e aprender do mundo que os rodea.

Doutra banda, amar e respectar aos animais desenvolve beneficios emocionais para os nenos: a empatía, o agarimo, a solidariedade e o respecto son algunhas delas.

No día de hoxe estivemos desfrutando dunha xornada en Marcelle Natureza; un parque natural cheo de fermosos animais que puidemos ver en contacto cun entorno natural extraordinario.

 

 

A lenda de Santa Cruz de Aranga

Durante este curso académico, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria, estiveron a traballar sobre a lenda que da nome a Aranga. 

A lenda di que hai anos, dúas mulleres camiñaban pola noite por Ponte Aranga e escoitaron o son dunha campaíña. Sorprendidas, foron buscar ao cura e cavaron no lugar desde onde xurdía o son.

Alí atoparon unha cruz de ferro con adornos de cobre e prata, ademais dunha  campaíña, que era a que producía o son. Recolleron a cruz e a campaíña e comprobaron que nese lugar manaba auga, que dende entón considérase milagreira.

Ademais dos beneficios para o campo, a auga da fonte ten propiedades  curativas. É capaz de curar diferentes doenzas.

Unha vez coñecemos toda esta información extraída de varios libros da Biblioteca Escolar, o alumnado elaborou un libro ao completo contando dita lenda de xeito colaborativo e interdisciplinar.

Dentro da aula, os alumnado foi dividido en varios grupos; e cada un deles tiña un rol adxudicado (debuxantes, escritores, oficinistas, secretarios...).

Dita actividade dispuxo dunha gran carga interdisciplinar, nas que se combinaron materias como Lingua Galega, Ciencias Sociais e Educación Artística (Plástica). 

Ademais, esta actividade supuxo unha aprendizaxe significativa no alumnado facilitando o coñecemento da contorna onde vivimos; dándonlle deste xeito importancia ao entorno rural do Concello de Aranga.

Grazas a axuda do Concello, puidouse editar o libro elaborado cos debuxos dos nenos e nenas, integrando os debuxos orixinais do alumnado e dixitalizando o texto. 

Compartimos con todos vós este fermoso traballo. 

 

Traballamos as cores primarias!

As cores teñen un papel fundamental na aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos. Cada un deles transmítenos sensacións e emocións.

Cando un neno pinta un debuxo, o propósito é poder espertar a creatividade, imaxinación e sensación por medio da vista. Sen ningunha dúbida as cores sempre formaron parte de nosa aprendizaxe, non importando a idade, é máis atractivo unha aprendizaxe con cores.

Hoxe compartimos unha actividade sobre as cores primarias que están a realizar os alumnos/ as de 5º e 6º de Educación Primaria.

Tratamos o Ciberbulling e o Acoso Escolar

O acoso escolar ou ciberbulling (acoso feito por internet) ten un impacto duradeiro no benestar físico e emocional dos nosos nenos e nenas a través das súas variadas formas: insultos, agresións físicas, ciberacoso.

Hoxe puidemos aprender que a mellor maneira de resolver o problema é, en primeiro lugar, aprender a previlo.

É fundamental que pais/nais, mestres/as e demáis Comunidade Educativa recoñezan o seu importante papel na prevención do acoso e debemos ser conscientes da gran importancia de ter un control no bo uso da internet por parte dos máis pequenos.

 

Que fermoso é ser galego/a!

Como todos os anos, o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Un gran día para a nosa cultura, por iso non queremos deixalo pasar sen recordar o autor ao que se lle adican este ano: Florencio Delgado Gurriarán.

Fixémoslle unha pequena homenaxe a Delgado Gurriarán e tamén á nosa fermosa Lingua interpretando a canción das Tanxugueiras.

Esperamos que vos guste!

Como diría Delgado Guirriarán: 

"A nosa galicia e máis que infinda"

 

Canto nos rimos no día de hoxe!

No día de hoxe, estivemos a celebrar a festividade local e grazas o Concello de Aranga, puidemos gozar funha fermosa xornada de humor coa presenza de Circanelo.

A risa é un excelente relaxante muscular e liberador de tensións, fortalece o corazón e o sistema inmunolóxico.

Cando os nosos pequenos e pequenas están a rin están a xerar  endorfinas, provocando sensacións de pracer e de benestar.

A risa ademais de segregar a hormona da felicidade ten moitos beneficios a nivel cognitivo, social e emocional. Que bonito é escoitar a risa dos nenos. 

Compartimos con vos un anaco desta tarde! Cánto nos rimos e que ben o pasamos!

Distribuir contido


by Dr. Radut