Skip to Content

Educación Primaria

Cups Song

Os compañeiros e compañeiras de 5° e 6° de Educación Primaria descubriron a través da materia de música un novo ritmo, e o máis incrible é que se pode facer cun instrumento moi sinxelo: un vaso.

Como lles saía moi ben, pensaron que sería boa idea poñerlle letra a ese ritmo, e así crear a súa propia versión desta canción.

Desde a materia de lingua estranxeira practicaron a letra en inglés, para a que contaron coa axuda de Noah, o auxiliar de conversa.

A continuación, deixámosvos o resultado de voz e ritmo que conseguiron os nenos e nenas. Esperamos que vos guste este marabilloso videoclip! Un forte aplauso para os artistas!

Minería, electrónica e mecánica en 5º e 6º de EP

Os días 15 e 22 de maio, o alumnado de 5º e 6º, ampliaron os seus coñecementos sobre minería, electrónica e mecánica, grazas as explicacións de Álvaro, un extraballador da central térmica de Meirama.

Gozaron comprobando a voltaxe dalgúns aparellos eléctricos, vendo que funcionalidade teñen os imáns, soldando con estaño e visualizando un video para saber como se extrae o carbón da mina e se transforma en electricidade.

Quedaron con ganas de máis!

Celebramos os Maios e o Día das Letras Galegas

Hoxe demos a benvida a primavera celebrando os Maios e realzando a figura de Francisco Fernández del Riego, o homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas

Foi unha xornada festiva de celebración onde todos xuntos gozamos!

A lingua galega é un tesouro, unha parte esencial do noso patrimonio, que debe ser valorizada e transmitida ás futuras xeracións. Ao fomentar o galego nos máis pequenos, estamos a preservar e enriquecer a nosa identidade cultural.

A través do seu ensino, axudamos a promover a nosa cultura e a fortalecer a nosa conexión coa nosa terra e coas nosas raíces. Ao fomentar o galego nas aulas, estamos a empoderar os nosos estudantes para que se sintan orgullosos da súa lingua e da súa cultura.

Estamos a brindarlles a oportunidade de expresarse plenamente nun idioma propio, de comunicarse de maneira auténtica coa nosa comunidade e de abrir portas a novas oportunidades persoais e profesionais.

Ademais, o galego é unha ferramenta esencial para a comprensión e o coñecemento da nosa literatura, historia e tradición oral. Con cada palabra en galego, estamos a honrar a nosa literatura e a manter viva a chama da nosa creatividade.

Premendo aquí podedes ver todas as imaxes do día de hoxe.

Aprendemos sobre a pesca da troita

No día de hoxe visitounos David Arcay, 5 veces campeón do mundo de pesca. Grazas a axuda do Concello de Aranga, puidemos coñecer a pesca de río en profundidade. Ésta é unha experiencia educativa valiosa para o alumnado de educación primaria por varias razóns.

A pesca de río proporciona aos estudantes unha oportunidade inigualable de aprender sobre o medio ambiente e a ecoloxía dos ríos. Poden observar de preto a vida acuática e entender como diferentes especies interaccionan entre si e co seu entorno. Ademais, os estudantes poden aprender sobre a importancia de preservar os ecosistemas de auga doce e como a pesca responsable pode axudar a manter a saúde destes ecosistemas.

A pesca é unha actividade que implica unha serie de habilidades práticas que os estudantes poden aprender e desenvolver. Isto inclúe todo, dende o lanzamento do sedal ata a paciencia e a perseverancia necesarias para esperar que pique un peixe. Estas habilidades poden ser transferibles a outras áreas da vida dos estudantes.

No mundo dixital de hoxe, a pesca de río ofrece unha valiosa oportunidade para que os estudantes se desconecten dos seus dispositivos e pasen tempo na natureza. Esta conexión coa natureza pode axudar a fomentar un amor e respecto polo medio ambiente, o que é crucial nunha época de crecente concienciación sobre os problemas ambientais.

Festa da árbore, Santa Cruz de Aranga

No día de hoxe puidemos gozar dunha fermosa xornada festiva na Ponte de Aranga, toda a Comunidade Educativa reunida para celebrar a Santa Cruz de Aranga. 

Prantamos árbores ao carón do río e fixemos a solta dunha ave da rapiña, despois gozamos de moito baile, festa, ledicia, xogos, música e bo xantar nun lugar cheo de beleza.

Que ben o pasamos! 

Compartimos con todos vos un par de vídeos e imaxes, pero deixamos na galería moitas máis instantáneas desta xornada festiva nun fermosa contorna.

Agradecemos a gran participación por parte dos pais/nais e ao Concello de Aranga por toda a xestión e colaboración durante a saída.

 

Aprendemos matemáticas cos cadernos interactivos!

Ademais das sumas, as restas e o cálculo mental, as táboas de multiplicar constitúen unha das bases fundamentais das matemáticas.

Os cadernos interactivos son unha ferramenta moi útil xa que promoven a creatividade e a orixinalidade, coa finalidade de que as clases deixen de ser aburridas e se active a aprendizaxe visual.

Deste xeito, practicar as táboas de multiplicar cun compañeiro ou cunha compañeira, dálles a oportunidade de traballar o cálculo mental dun xeito máis relaxado, polo que memorizan as operacións mellor, perden o medo ás táboas e gañan confianza.

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como estiveron a traballar os nenos e nenas de 2° de Primaria, que ben o pasaron!

Novos monitores interactivos!

A Xunta de Galicia ben de dotarnos 4 paneis interactivos de 75 pulgadas para cada unha das aulas principais do centro (unha para EI, outra para 1º e 2º, outra para 3º e 4º e a última para 5º e 6º). 

Deste xeito mantemos todas as aulas principais cunha total conectividade. Ditos monitores interactivos permiten unha gran funcionalidade táctil, son moi versátiles e facilitan en gran medida a aprendizaxe. 

 

Aprendemos de xeito interactivo!

As novas tecnoloxías son unha ferramenta que permite o ensino interactivo, xa que ofrece a posibilidade de interactuar co contido de forma visual e dinámica. 

No día de hoxe estivemos traballando os tempos verbais (presente, pasado e futuro) en Lengua Castellana nos cursos 3º e 4º.

 

Reciclamos e xogamos ao dominó

Educar na reciclaxe en educación primaria é fundamental para inculcar nos nenos e nenas hábitos e valores responsables co medio ambiente. A reciclaxe é unha práctica esencial para o coidado do medio ambiente, xa que axuda a reducir a cantidade de residuos que se xeran e a diminuír a contaminación ambiental.

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, estiveron a reciclar e fixeron un divertido dominó, fixádevos que partidas máis interesantes e saudables saíron.

 

Coidemos o medio ambiente!

Traballar o medio ambiente en educación primaria é de vital importancia xa que, nesta etapa educativa, os nenos e nenas están nunha etapa de formación da súa personalidade e valores, e é o momento ideal para conciencialos acerca da importancia de coidar e preservar o medio ambiente.

Hoxe compartimos con vos unha imaxe dos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria na que podemos ver o gran de area que puxeron para contribuir coa natureza, realizando unha pequena plantación.

A través da educación ambiental, os nenos e nenas poden aprender a ser responsables co medio ambiente e a desenvolver actitudes positivas cara á natureza. Isto permitiralles comprender a importancia de preservar os recursos naturais, reducir o consumo de enerxía e diminuír a contaminación ambiental.

Distribuir contido


by Dr. Radut