Samaín, a orixe galega de Halloween que se antepon á festa americana Samaín provén do termo gaélico "samhain" que significaba "fin do verán" e precisamente era iso o que se celebraba: o cambio da estación cálida á fría e a finalización da recolección da colleita.
Para os celtas, este día era o último do ano e chamábano "a noite dos calacús" (a noite das cabazas), data na que se abrían as portas do máis aló e os espíritos invadían por unhas horas o mundo dos vivos.
Dende esa época, xa se acendían fogueiras e e mostrábanse caveiras co fin espantalos.
Ao longo desta semana, aconteceron cousas terriblemente emocionantes coa chegada do Samaín.
Os alumnos de Infantil non se coñecían coas súas máscaras e sen dúbida asustaron a máis de un polos pasillos do CEIP A Castellana.
Ademáis, preparáronse moito dentro das aulas, co fin de espantar os malos espiritus, decorando fermosas cabazas. Tamén fixeron unhas manualidades de pantasmas.
Se todo isto fora pouco, se subimos á pranta superior do CEIP A Castellana, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria tiñan amenceron un día cunha porta que daba auténtico medo entrar. De feito, case todos entrabamos pola segunda porta polo que puidera pasar...
Pero unha vez dentro, podíamos ver a clase chea de horripilantes adornos de Samaín...
Os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria tamén amenceron con pantasmas! O pasillo que daba medo!
Antes de entrar na aula de 5º e 6º apareceron unhos cuadros siniestros en tres dimensións partindo dun poema chamado "a noite dos mortos"...
Os alumnos de 5º e 6º foron moi atrevidos recitando o poema, aquí os podedes ver:
Aquí compartimos algunha fotografía a maiores, ainda que recordade que podedes atopar máis fotos no apartado de galería.
Se todo isto fora pouco, para poñer a guinda ao pastel, todos os nenos e nenas do CEIP A Castellana, fixemos un fermoso baile para conmemorar esta festividade tan nosa que sen dúbida desfrutamos ao longo de toda esta semana.
Esperamos que vos guste!