Outras actividades

XORNADAS PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

No CEIP ADR Castelao estamos sensibilizados coa problemática do acoso escolar e ciberacoso. Por iso, neste trimestre estamos levando a cabo unha serie de actividades para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria en relación a este tema, a través do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos, para o curso 23/24.

EN MEMORIA DE DON JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ LÓPEZ

Desde o CEIP ADR Castelao de Ordes, sentimos moito o recente falecemento de Don José Ramón Sánchez López, que foi tantos anos o director deste cole e que, sen dúbida, deixou unha imborrable pegada no noso centro.

5º XORNADA DO CLUB DE CIENCIA

Hoxe, @s nos@s científic@s do Club de Ciencias estiveron realizando distintos experimentos no "Laboratorio de Castelao"

Campaña " Froita na escola"

Durante 2 semanas do mes de xaneiro desenvolveuse o 1º período do programa "Froita fresca na escola", solicitado polo centro e  subvencionado polo FOGGA.

 

PREMIO DA MODALIDADE INFANTIL DO IV CERTAME DE RELATO BREVE "A ERBEDA"

A nosa alumana de 6º de Educación Primaria, Sabela García Santos, gañou por terceiro ano consecutivo, o premio da modalidade infantil do IV certame de relato breve A Erbeda.

O conto, titulado "A  nosa terra", narra a viaxe de descuberta de Galicia a través dos ollos dunha cativa de cuarto de primaria. 

Parabéns Sabela.

Para poder acceder a toda a información premede na seguinte ligazón:

https://academia.gal/-/o-iv-certame-de-relato-breve-a-erbeda-premia-unha-nena-de-ordes-e-mais-unha-adolescente-e-un-veci-c3-b1o-da-coru-c3-b1a?redirect=%2Finicio

FELICITACIÓNS DE NADAL

PREME NA IMAXE PARA VER AS FELICITACIÓNS DE NADAL GAÑADORAS DESTE ANO.