Outras actividades

FROITA NA ESCOLA 2023

 

Conjunto de dibujos animados frutas diseño tropical — Vector de stock

MAÑÁ DÍA 15 DE FEBREIRO É O ÚLTIMO DÍA DA FROITA NA ESCOLA.

MÁIS ADIANTE... REPETIREMOS.

PILABOT. CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS E ACUMULADORES EN CENTROS EDUCATIVOS

Pilabot::Recicla con Energía | Campaña de recogida de residuos de pilas en  centros escolares de Galicia

 

O venres 3 de febreiro chegaron os colectores para almacenar as pilas e baterías. A partir dese momento, contamos con 6 semanas lectivas para recoller todas as pilas e baterías que poidamos.

Hai un colector na entrada de conserxería e outro na entrada de secretaría.

Grazas pola vosa colaboración.

FROITA NA ESCOLA

 

Estimadas familias:

 

Este curso, o noso cole participa no programa de distribución

defroita fresca e leite do Fondo Galego de Garantía Agraria

(FOGGA).

 

 Mañá, 1 de febreiro, comezaremos o primeiro período de

reparto defroita.

 

Pretendemos, a través desta iniciativa, fomentar o consumo

defroitas de tempada e promover unha alimentación

saudable.

 

 É importante que, desde as familias, animedes aos nenos e

nenas acomer a froita cada día, de forma que non sería

necesario que lle mandarades máis merenda.

 

Para calquera dúbida, podedes chamar ao centro.

 

Un saúdo e... bo proveito!

XOGADE

Xogade - Xogade

XORNADA DE BÁDMINTON INTERZONAL DO

PROGRAMA XOGADE 2022-2023 DISPUTADA O

SÁBADO 28 DE XANEIRO NO PABILLÓN

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE TRAZO

Campo a través

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23/01/2023

 

 

 

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á CLASIFICACIÓN

CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS E ACUMULADORES EN CENTROS EDUCATIVOS

         Pilabot::Recicla con Energía | Campaña de recogida de residuos de pilas en  centros escolares de Galicia CONCURSO PILABOT

  Informamos, que o noso centro educativo vai participar no

“Concurso Pilabot”.

 

Pilabot é un concurso en centros e educativos de educación

primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva

de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as familias.

 

Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila

botón, acumulador ou batería que estea precintado, poida portarse

coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. Teñen esta

tipoloxía as pilas botón e estándar e os acumuladores utilizados en

calquera aparello presente nos fogares e oficinas, tales como

mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadoras portátiles,

xoguetes eléctricos e electrónicos, ferramentas portátiles, etc.

 

 En todo caso, a orixe dos residuos debe ser doméstica, procedente

das familias do alumnado e do persoal do propio centro educativo.

 

PREMIOS:

 

Este concurso componse de dúas categorías. En cada unha delas

distínguense un primeiro e un segundo premio.

- Categoría A: quilogramos recollidos en total.

. Un premio de 2.500 € para o centro que máis quilogramos de

residuos de pilas recolla durante o período contemplado no concurso.

. Un premio de 1.250 para o centro que quede segundo

clasificado.

 

- Categoría B: quilogramos recollidos por alumno.

. Un premio de 2.500 € para o centro que máis quilogramos de

residuos de pilas recolla por alumno.

. Un premio de 1.250 € para o centro que quede segundo na

clasificación de quilogramos de residuos de pilas recollidos por

alumno.

 

 

O premio poderá ser empregado polo centro gañador para a compra

de material escolar e/ou deportivo para as actividades educativas.

 

O concurso comezará o 11 de xaneiro, pero non podemos empezar a recoller

as pilas ata que nos chegue o colector ao centro, dende ese día teremos 6

semanas para recoller as pilas e acumuladores. Informaremos do día exacto

de comezo do concurso para o noso centro nesta páxina web.

 

ANIMÁMOLOSVOS A PARTICIPAR! ENVIADE AS VOSAS PILAS E

ACUMULADORES PORTÁTILES USADOS PARA OS COLECTORES QUE

HABERÁ DEPOSITADOS NO CENTRO EDUCATIVO PARA ESTE FIN.

 

 

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 

XOGADE

Xogade - Xogade

 FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS DO PROGRAMA XOGADE 2022-2023 CELEBRADA O VENRES 2 DE

DECEMBRO NO CIRCUÍTO DA ÁREA RECREATIVA DA MAGDALENA, EN CASTROFEITO – O PINO

  

                          

 

            PREME AQUÍ PARA ACCEDER AOS RESULTADOS.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

 

 

XOGADE

Xogade - Xogade  XORNADA DE BÁDMINTON INTERZONAL DO PROGRAMA XOGADE 2022-2023 DISPUTADA O SÁBADO

19 DE NOVEMBRO NO PABILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE BOIMORTO.

 

         PREME AQUÍ PARA ACCEDER AOS RESULTADOS.

 

 

AVISO COMEDOR ESCOLAR

DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL DE FOLGA DE TRANSPORTE, O MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR PODERÁ VERSE SOMETIDO A MODIFICACIÓNS.