(06/04/2013)
CLASIFICATORIO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2012/2013 – Ribeira
|
O sábado 6 de abril 13 alumn@s do noso centro participaron na “Fase Clasificatoria de AtIetismo en Pista Escolar 2012-2013” que se disputou no Complexo Deportivo de A Fieiteira – Ribeira.
Nesta competición @s representantes do CEIP ADR Castelao participaron nas probas de 50 m.l., salto de lonxitude e salto de altura, todas elas da categoría benxamín, tanto feminino como masculino.
O sábado 4 de maio disputarase o Campionato Provincial no Estadio Universitario de Elviña, na Coruña, para o cal os nosos alumnos e alumnas teñen esperanzas de acadar a clasificación.
No campionato provincial terán dereito a participar @s atletas coas 16 mellores marcas da provincia en cada unha das probas e categorías
Enlace ranking galego atletismo escolar:
http://www.atletismogalego.com/fga/ranking_xgd.asp
DUATLÓN ESCOLAR 2013 – Miño (Urbanización Fadesa) (07/04/2013)
|
O pasado 7 de abril os alumnos Iván Suárez Villaverde e Alonso Rodríguez Raña participaron na “1ª Xornada de Duatlón Escolar 2013” que se disputou na Urbanización Fadesa, en Miño (nas proximidades da praia Grande de Miño).
A descrición da competición amósase de forma detallada a continuación:
ü O Duatlón é unha modalidade deportiva que combina a carreira a pé coa bicicleta e de novo coa carreira a pé.
ü No caso da categoría benxamín as distancias a percorrer son:
CARREIRA A PÉ
BICICLETA
CARREIRA A PÉ
500 m.
2000 m.
250 m.
ü Os momentos de cambio entre cada unha das fases chámase transición e hai que realizalas conforme a unhas determinadas regras:
o De carreira a pé para bicicleta: poñer o casco en primeiro lugar e non subirse á bicicleta ata pasar a liña de transición.
o De bicicleta para carreira a pé: baixarse da bicicleta antes da liña de transición e colocar a bicicleta e sacar o casco antes de iniciar a última carreira a pé.
ü Coa súa participación nesta proba do 7 de abril, en Miño, Iván e Alonso acadaron a clasificación para o Campionato Provincial da modalidade, que se disputará en Santiago o 5 de maio, nas inmediacións do Estadio de San Lázaro.