Este curso non se enviarán os boletíns de notas en papel, só a través da aplicación Abalar.
Felices festas para tod@s.
Este curso non se enviarán os boletíns de notas en papel, só a través da aplicación Abalar.
Felices festas para tod@s.
CAMPIONATO DE CROS DE CENTROS DE ENSINO DA ZONA DE SANTIAGO (A Magdalena – Castrofeito - O Pino, 01/12/2023).
O venres, 1 de decembro, celebrouse na área recreativa de A Magdalena, no Concello de O Pino, o Campionato Zonal de Cros de Centros de Ensino, no que o noso centro contou cunha representación de 50 alumnos/as de 4º e 6º de Ed. Primaria.
Neste campionato o noso alumnado tivo unha brillante actuación, destacando o 1º posto por equipos en categoría infantil feminina e o 2º posto individual acadado por Belén Rey Moar , tamén en categoría infantil.
Un total 11 alumnos/as do CEIP ADR Castelao acadaron a clasificación para participar no Campionato Provincial que se celebrará o venres 15 de marzo de 2024 en Porto do Son.
A ANPA organiza un campamento nas vacacións de nadal para aquelas familias que necesiten conciliar a vida familiar e laboral neses días. O campamento farase nas instalacións do colexio nos horarios e cos prezos indicados no cartel que adxuntamos.
Para apuntarse deben de cubrir o formulario no enlace que enviamos antes do 21 de decembro.
PRAZAS LIBRES NOS CURSOS DE NATACIÓN XESTIONADOS POLA ANPA
A ANPA informa de que quedaron algunhas prazas libres para os seguintes cursos de natación do segundo trimestre:
- nivel 0 (nenos de 3 anos), venres ás 17.15 h.
- nivel 1, martes e xoves ás 18:00 h.
- nivel II avanzado, venres ás 18:00 h.
Os interasados deberán cubrir este formulario para anotarse:
INSCRICIÓN PARA A 2ª XORNADA DO CLUB DE CIENCIA "O LABORATORIO DE CASTELAO"
A vindeira xornada do Club de Ciencia será o 13 de decembro de 2023, de 15:30 a 17:30 horas no CEIP ADR Castalo (Ordes).
Para inscribirse deben enviar un correo electrónico á seguinte dirección: olaboratoriodecastelao@gmail.com.
Na mensaxe deben indicar os seguintes datos:
- Nome e apelidos do alumno/a que vai participar na actividade:
- Curso.
- Se é usuario ou non de comedor.
- Nome e teléfono de contacto da persoa (pai/nai/titor ou titora legal) que inscribe ao alumno/a na actividade.-
- Nome, DNI e teléfono de contacto das persoas autorizadas para recolledo no centro.
- Outras observacións que consideren relevantes para o desenvolvemento da actividade: (alerxias, intolerancias,...)
O prazo para inscribirse remata o martes 12 de decembro ás 14:00 horas.
O número de prazas é de 20, que serán adxudicadas por orde de inscrición.
Recibirán un correo electrónico, indicando se están admitidos na actividade ou en lista de espera.
Se alguén non pode asistir, agradécese, que o comunique o antes posible para cubrir a súa vacante con outro alumno/a.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
PARA INSCRIBIRVOS DEBEDES CUBRIR O SEGUINTE FORMULARIO:
O venres 24 is alumnos de 4ºA participaron nun taller de "RECICLAXE TECNOLÓXICA CREATIVA". A actividade consistía en crear elementos que podemos atopar nunha cidade a partir de pezas de obxectos tecnolóxicos obsoletos.
Pensando que podemos facer...
Despezando obxectos...
O tempo do taller rematou e os nosos proxectos quedan pendentes de que os rematemos na clase
O LABORATORIO DE CASTELAO
Onte deu comezo o Programa de Innovación educativa "Club de
Ciencia". Nel participan alumnado de 3º,4º e 5º de Primaria que
levarán a cabo diversas investigacións e experimentos científicos.
Nesta primeira xornada ademáis de coñecer que é o método
científco tamén deu tempo a realizar dous experimentos:vermes
bailaríns e o vomitador.
Nas seguintes imaxes podedes ver un pequeno resumen desta
primeira xornada:
Para rematar o alumnado que asistiu a esta primeria xornada ten
que deseñar o logo do laboratorio. Teñen de prazo ata o 11
de decembro.
XA ESTAMOS DESEANDO
QUE CHEGUE
A SEGUINTE XORNADA!!