O CLUB DE CIENCIA

INSCRICIÓN PARA A 2ª XORNADA DO CLUB DE CIENCIA "O LABORATORIO DE CASTELAO"

A vindeira xornada do Club de Ciencia será o 13 de decembro de 2023, de 15:30 a 17:30 horas no CEIP ADR Castalo (Ordes).

Para inscribirse deben enviar un correo electrónico á seguinte dirección: olaboratoriodecastelao@gmail.com.

Na mensaxe deben indicar os seguintes datos:

- Nome e apelidos do alumno/a que vai participar na actividade:

- Curso.

- Se é usuario ou non de comedor.

- Nome e teléfono de contacto da persoa (pai/nai/titor ou titora legal) que inscribe ao alumno/a na actividade.-

- Nome, DNI e teléfono de contacto das persoas autorizadas para recolledo no centro.

- Outras observacións que consideren relevantes para o desenvolvemento da actividade: (alerxias, intolerancias,...)

O prazo para inscribirse remata o martes 12 de decembro ás 14:00 horas.

O número de prazas é de 20, que serán adxudicadas por orde de inscrición.

Recibirán un correo electrónico, indicando se están admitidos na actividade ou en lista de espera.

Se alguén non pode asistir, agradécese,  que o comunique o antes posible para cubrir a súa vacante con outro alumno/a.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!