Educación Primaria

Xornadas de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos

Como cada ano a conmemorción das Letras Galegas, levanos a mirar ao pasado e por en valor a cultura galega. Dende a área de Educación Física facemos a nosa contribución ao PVAD mediante as Xornadas de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, que tiveron lugar o pasado venres día 13 tras as actividades levadas a cabo pra dita conmemoración, este ano adicada a Florencio Delgado.

Estas xornadas son complemento do traballo dentro da aula de EF para o alumnado tanto de primaria como de infantil. Durante xornadas nas que o alumnado gozou de xogos como : a ferradura, a rá, o matapiollo, a loita do pé quedo, a pelexa de galos, o birlos, os zancos, a turra da maroma, as chapas (arrime, fútbol chapas...), a petanca, varapau, rei rei entre outros. Na seguinte galería podedes ver algunhas intantaneas, tanto das xornadas como das actividades que se levan a cabo dentro da aula:

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Xornadas de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos

PEQUEVOLEY

En "Coñece o teu deporte" comezamos o mes de abril co "PEQUEVOLEY"  programa educativo da Real Federación Española de Voleibol (RFEVB) cuxo fin é que os escolares de 5º ye 6º de Edcucación Primaria, coñezan o voleibol, por medio do minivolei, dentro da clase e Educación Física e baixo a dirección do profesorado desta asignatura.

O programa "Pequevoley" forma parte do Programa Nacional de Promoción y Axuda ao Deporte Escolar (PROADES) promovido dende o Consello Superior de Deportes e que pretende convertirse na base para lograr un aumento do número de participantes vinculados a la actividad física, a través dos centros educativos escolares de Primaria y Secundaria.

O Voleibol sempre foi valorado positivamente como ferramenta educativa: xogo de equipo e espazos reducidos, rotación en todos os postos, ausencia de contacto persoal e medio excepcional para fomentar o desenvolvemento armónico de todas las capacidades físicas.

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Pequevoley

DAFIS

O noso centro educativo está a implementar un PLAN DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE, enmarcado no Plan PROXECTA, orientado a toda a comunidade educativa, incluíndo as familias. Como centro, somos conscientes de que a actividade física e a adopción dun estilo de vida activa por parte da nosa comunidade educativa é unha das claves para garantir unha mellor calidade de vida, desde a infancia ata a vellez. A práctica regular de exercicio físico en nenos/as e adolescentes é un factor clave na prevención e no tratamento do sobrepeso, da obesidade, das enfermidades cardiovasculares, de alteracións psicolóxicas, e a evidencia científica comeza a demostrar que os nenos e nenas fisicamente activos renden mellor academicamente. Por iso pretendemos implantar, dentro da filosofía do centro, o valor de que somos un centro activo e saudable.

Un dos aspectos fundamentais para poder avaliar cada ano como este PLAN DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE  mellora a saúde é o de medir o nivel de condición física de cada alumo/a, mediante a valoración de aquelas cualidades físicas e psicomotoras que permiten coñecer e facer o seguimento do seu estado físico, decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

Por este motivo, o centro ven de integrase na PLATAFORMA D.A.F.I.S. (Datos de Actividade Física Saudable) de Galicia, unha iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego, incluída dentro do Plan de Fomento de Actividade Física “Galicia Saudable”, e recoñecida no ano 2018 pola Organización Mundial da Saúde - Europa (OMS) como boa práctica para implantar en todos os países do marco europeo.

Na PLATAFORMA D.A.F.I.S. recóllense unha serie de medidas antropométricas e resultados de probas físicas que se realizan nas clases de Educación Física, e das as familias recibirán un informe cos resultados do seu fillo/a, que inclúe a comparativa cos resultados obtidos para o seu grupo de sexo e idade e a evolución da súa condición física e que pode consultar en www.dafis.xunta.es. O tratamento destes datos é confidencial, sendo accesibles exclusivamente polo docente de educación física e polo persoal facultativo e de enfermería do SERGAS. Unha vez que os datos das valoracións que se realizan nos centros educativos galegos participantes son introducidos na PLATAFORMA D.A.F.I.S., a Fundación Deporte Galego, elaborará e fará públicas as estatísticas para cada grupo de idade e sexo en Galicia. A fundación en ningún caso terá acceso individualizado aos datos dos alumnos/as. Estas estatísticas permiten que o profesorado, os pais ou titores e os propios alumnos/as poidan coñecer a comparativa dos seus resultados cos correspondentes á mediana do seu sexo e idade.

Na seguite galería podedes ver algunhas fotos sobre a realización das probas :

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Proxecto DAFIS
Distribuir contido