Día da EF na rúa |
O Día da Educación Física na Rúa (DEFR), é unha realidade dentro das programacións anuais de Educación Física en moitos centros educativos de España, e no noso tampouco podía faltar. Dende o inicio desta iniciativa no ano 2011, ano tras ano a súa repercusión e evolución é cada vez máis positiva. Na duodécima edición desta iniciativa, que tivo lugar o 27 de abril de 2022, o lema foi: “EF SOSTENDO A SAÚDE E O PLANETA”. Dita proposta lanzouse baixo o obxectivo de desenrolar unha sesión de xogos con material alternativo reciclado e/ou autoconstruído nun espazo público. Inda que debido as condicións atmosféricas non puidemos saír a xogar a un espazo público, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria si puido gozar do Bottlebol, unha modalidade deportiva ECOLÓXICA, ALTERNATIVA, COEDUCATIVA, de COLABORACIÓN-OPOSICIÓN, INTERDISCIPLINAR e INCLUSIVA, que persigue a MÁXIMA PARTICIPACIÓN, e que se practica con MATERIAL REUTILIZADO nunha CANCHA DIVIDIDA na que se utilizan os GOLPEOS e as RECEPCIÓNS con implemento poñendo en xogo a COORDINACIÓN OCULO-MANUAL . A continuación amósase un recopilatorio de fotos, non só deste día se non tamén do traballo levado a cabo nas sesión previas. |
|||