Coñece o teu deporte

Multiaventura no Galipark

O noso alumnado de 6° de Educación Primaria, acaba de  chegar ao Galipark, instalación de multiaventura na que pasarán os próximos 4 días traballando a súa autonomía persoal e convivencia de grupo. Ademáis dentro do programa de centro "Coñece o teu deporte" aproveitarán para facer unha toma de contacto con diferentes actividades deportivas como: a escalada, o kayak, sendeirismo, rutas en BTT, tiro con arco, laser tag entre outros. 

Para que poidades seguir as súas aventuras, no seguinte álbum iremos engadindo instantáneas sobre a súa estancia.

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Excursión de 6° o Galipark

PEQUEVOLEY

En "Coñece o teu deporte" comezamos o mes de abril co "PEQUEVOLEY"  programa educativo da Real Federación Española de Voleibol (RFEVB) cuxo fin é que os escolares de 5º ye 6º de Edcucación Primaria, coñezan o voleibol, por medio do minivolei, dentro da clase e Educación Física e baixo a dirección do profesorado desta asignatura.

O programa "Pequevoley" forma parte do Programa Nacional de Promoción y Axuda ao Deporte Escolar (PROADES) promovido dende o Consello Superior de Deportes e que pretende convertirse na base para lograr un aumento do número de participantes vinculados a la actividad física, a través dos centros educativos escolares de Primaria y Secundaria.

O Voleibol sempre foi valorado positivamente como ferramenta educativa: xogo de equipo e espazos reducidos, rotación en todos os postos, ausencia de contacto persoal e medio excepcional para fomentar o desenvolvemento armónico de todas las capacidades físicas.

Álbum: PVDA: A Saínza en movemento -> Pequevoley
Distribuir contido