Enmarcado dentro do Plan Proxecta + (iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade), con este proxecto pretendese mellorar os hábitos de vida activa e saudable do centro, buscando o incremento diario de actividade física que realizan os nosos alumnos e alumnas, tanto dentro como fóra do centro. No CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui poñémonos en marcha para crear dinámicas e actividades dende os distintos equipos para fomentar a creación e adquisición destes hábitos orientados a consecución de obxectivos como:
- Incrementar a participación en actividades físico-deportivas en horario non lectivo das poboacións escolares.
- Manter ou mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
- Potenciar o xogo limpo e a deportividade.
- Potenciar os xogos motores como instrumento base da educación.
- Dar a coñecer aos nenos e ás nenas diferentes disciplinas deportivas mediante actividades lúdicas de carácter global.
- Facilitar a comunicación e a convivencia dos nenos/as independentemente do nivel de práctica de cada un deles.
- Fomentar a práctica de actividade física como hábito saudable necesario na sociedade actual..
- Promover a educación en valores a través do gran potencial educativo do que dispón o deporte.
- Loitar contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.
- Dinamizar e promover os hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes na contorna do centro (públicos e privados).
- Fomentar que o 100% das alumnas e alumnos reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable
- Integrar dentro do centro educativo una filosofía por e a favor do incremento de hábitos e conductas para una vida saudable.
- Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, web do centro etc. de todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo.
- Utilizar as novas tecnoloxías para o fomento e seguimento de hábitos saudables.
- Coñecer as prácticas e hábitos que nos levan a vivir de xeito activo e saudable.