Skip to Content

Secretaría, Admisión e matriculación, Documentos organizativos, Libros de texto, Impresos, Novas

AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR OU ACCEDER AO FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2017/2018

AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR OU ACCEDER AO FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2017/2018

As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar neste centros educativo as correspondentes solicitudes.

Premer no PDF para descargar a solicitude

DESTINATARIOS

  • Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. A asignación de libros de texto correspondente a estes cursos, farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.                                                                                                                       Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.
  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial.
    •  Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
    •  Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 euros: 90 euros
  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Normativa: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Admisión 2017-2018

 

5. LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

 Premer en "ver pdf" para ver a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso 2017/2018

4. LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS  

Solicitudes de admisión: 54 (53 en prazo, 1 fóra de prazo)

Premer en "ver pdf" para ver a listaxe provisional de admitidos para o curso 2017/2018

3. POSTOS VACANTES (pendente)
NIVEL VACANTES RESERVA*
4º EI (3 ANOS)  44  6
5º EI (4 ANOS)  9  
6º EI (5 ANOS)  12  
1º EP  3  
2º EP  3  
3º EP  8  
4º EP  3  
5º EP  10  
6º EP  2  

*Prazas reservadas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). No caso de non haber alumnado que solicite estas prazas serán cubertas polo procedemento ordinario.

2. INFOMACIÓN XERAL

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, comunicase o seguinte:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía. ANEXO I (ED550A). 
    • O alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar estudos no instituto adscrito a este centro, IES Cidade de Antioquía, deberá presentar na Secretaría do CEIP Carlos Casares ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.

* Os alumnos e alumnas que non vaian continuar os seus estudos de secundaria no centro adscrito (IES Cidade de Antioquía), terán que presentar solicitude de admisión no centro que desexen do 1 ao 29 de marzo.

  • Solicitude de admisión. O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude mediante o ANEXO II xunto coa documentación solicitada polo centro.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo. 

As familias poderán consultar o estado de trami­tación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o anexo II :

      • De forma presencial no centro docente.
      • A través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.

 

  • Formalización de matrícula. Unha vez admitido, formalizar a matrícula mediante o ANEXO III-1 xunto co resto de documentación solicitado polo centro.

Documentación  solicitada polo centro: 

Punto complementario en caso de desempate:

Ver calendario do proceso e prazos.

Aquí poden descargarse os formularios de solicitudes e a normativa aplicable:

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 

  • TRANSPORTE
  • COMEDOR
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (ANPA)

Para calquera consulta póñanse en contacto coa secretaria do centro.

1. CALENDARIO E PRAZOS
  • RESERVA DE PRAZA. 1 A 15 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía.
  • DESEMPATE (23 FEBREIRO). Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado. 
  • VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro
  • SOLICITUDES DE ADMISIÓN. 1 a 20 de MARZO. Presentación de solicitudes.
    • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes. 
  • LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  • LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante a Xefatura Territorial no prazo de un mes).
  • MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2023/2024

ADMISIÓN DO ALUMNADO 2023/2024 DO 1 ao 20 de MARZO

 

 

 

FAI CLICK NA PRIMEIRA IMAXE PARA PODER VER O PDF

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2017/2018

Publicación de listaxes definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

• A listaxe definitiva de solicitudes admitidas.

  • Recollida dos libros: 7 setembro 2017
    • Entrega dos libros de texto ao pai/nai/titor/a representante legal
      • 3º e 4º: 09.30-10.30
      • 5º e 6º: 10.30-11.30

Xinzo de Limia, 14 de xullo de 2017

A directora

Elena María Castro Villalón


Publicación de listaxes provisionais de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

• A listaxe provisional de solicitudes admitidas.

• A listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión.

ACLARATORIA:

• Nas listas provisionais só sae o nº de libros adxudicados a cada solicitante.

o As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación Fondolibros.

• Na listaxes definitivas sairán os libros adxudicados a cada solicitante. Publicación o 14 de xullo.

Xinzo de Limia, 7 de xullo de 2017

A directora

Elena María Castro Villalón

AVISO: CONVOCADA FOLGA DE TRANSPORTE PARA OS DÍAS 20 E 21 DE XUÑO

AVISO: CONVOCADA FOLGA DE TRANSPORTE PARA OS DÍAS 20 E 21 DE XUÑO

ü  ORDE 16/06/2017 -DOG do 19. Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares: Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

ü  IMPORTANTE: No caso de que o seu fillo/a sexa recollido/a, tralo servizo de comedor, por vostedes é preciso que asinen a autorización de “non uso de transporte” dispoñible en secretaría.

+ INFORMACIÓN: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22526

O XOGO DA SERPE

O noso colexio está a participar no Xogo da Serpe. Trátase dunha campaña europea,eficaz e divertida,dirixida a estudantes de infantil e primaria,que promove formas de mobilidade sustentable no acceso ao colexio como camiñar,pedalear,utilizar transporte público ou compartir coche.

Coa idea de promover que os/as/nenos/as de Xinzo,que o desexen,veñan en bicicleta,adicamos a próxima semana á BICICLETA.

Entrada e saída do centro:os/as alumnos/as,que acudan en bicicleta,entrarán pola porta de acceso coches e sairán pola porta peonil,unha vez saian os que van a pé.

 

II Concurso literario xuvenil Carlos Casares

 

Consultade as bases no arquivo adxunto.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

abalarMóbil

Está a disposición esta aplicación, que se pode instalar no teléfono móvil o una tablet, para a consulta de información dos seus fillos/as: cualificacións, faltas de asistencia…

Descarga: Google play e APP Store 

Máis información en: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil 

 

LIBROS RECOMENDADOS PARA ESTE NADAL

Dende o equipo da Biblioteca aquí vos deixamos unha recomendación dos libros que podedes ler no Nadal.

FESTIVAL DE NADAL

 

FESTIVAL DE NADAL

Os días 20 e 21 de decembro celebramos os Festivais de Nadal.

Igual que en anos anteriores realizaremos os festivais de Nadal en 2 días consecutivos.

19 de decembro : Visita dos Reis

20 de decembro: Festival para nais, pais ou representantes legais.

21 de decembro: Festival para o alumnado

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. PROGRAMA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut