Skip to Content

Secretaría, Admisión e matriculación, Documentos organizativos, Libros de texto, Impresos, Novas

CIRCULAR. MES DE DECEMBRO

 

  • O período de vacacións de Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive. As clases darán comezo o 9 de xaneiro.
  • O día 20 de decembro, martes, celebrarase o Festival de Nadal para os pais/nais/representades legais do alumnado de educación infantil e primaria. O venres 16 enviarase información detallada sobre a hora de comezo e o correspondente programa.
  • O centro educativo CEIP Carlos Casares quere dinamizar unha acción orientada á axuda social para as familias do concello con dificultades económicas. Por isto, pon en marcha a II Campaña de recollida de alimentos  “Algo +”, buscando o que cada persoa voluntariamente poida contribuír.  Agradécese que non sexan perecedoiros e teñan data de caducidade de longa duración.
    • Esta campaña está temporalizada para que o reparto coincida en datas cercanas ao Nadal, polo que o día 20 colocaranse caixas na entrada do ximnasio para que as familias poidan depositar os alimentos.
  • Así mesmo, coa mesma finalidade damos comezo a unha Campaña de recollida de xoguetes que estean en “bo uso” para repartir nesta época de Nadal xunto cos alimentos recollidos o día 20. A partir do luns, 12 de decembro, estarán dispoñibles caixas na entrada do centro para deposito dos xoguetes.

• O día 21 de decembro, entregarase o boletín  de notas ao alumnado. 

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Proclamación e publicación de candidatos electos

SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

Muiños Iglesias, Susana 

Fuertes Canabal, María Cristina

Airas González, Belén

Estévez Rodríguez, Sonia (ANPA)

SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

Paradela Gil, Concepción

Dalama Blanco, Socorro

Conde Conde, Herminia

Vázquez Dopazo, Teresa

SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Blanco González, María Del Pilar      

ACTA RESULTADO DA VOTACIÓN DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

 ACTA RESULTADO DA VOTACIÓN CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

 ACTA RESULTADO DA VOTACIÓN CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

CIRCULAR II PARA ÁS FAMILIAS SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

COMUNÍCASE a admisión, proclamación e publicación de candidaturas deste sector:

Airas González, Belén

Álvarez Boo, Milagros

Feijoo Quintana, Melisa

Fuertes Canabal, María Cristina

Muiños Iglesias, Susana  

Traveso Santana, Sixto

Proposta da ANPA de representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as: Estévez Rodríguez, Sonia

Lémbrase que:

  1. A renovación de 3 representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as 
  2. 23 de novembro:Votación dos pais, nais e titores legais, dende as 09.15-10.15h, 13.30-14.30h e de 15:30 h a 17:30 h para elixir os/as seus/súas representantes no consello escolar.

Xinzo de Limia, 14 de novembro de 2016

A Presidenta da Xunta electoral,

Asdo.:Elena María Castro Villalón

XUNTA ELECTORAL

14 de novembro de 2016, luns:

  • Admisión, proclamación e publicación de candidaturas e aprobación de censos electorais.Prazo de reclamación: 48 horas.
  • Sorteo público para designar catro pais/nais ou titores legais que constituirán, xunto coa directora do centro, a mesa electoral para a votación do/da representante dos pais/nais ou titores legais no Consello Escolar. Designaranse do mesmo xeito os/as seus/súas suplentes.

CIRCULAR PARA ÁS FAMILIAS SOBREA RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

COMUNÍCASE o que a continuación se indica:

  • Membros do consello escolar que corresponde renovar:
    • Tres representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as
    • Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as proposto/a pola ANPA
  • Presentación de candidaturas
    • Do 3 ao 11 de novembro
    • Modelos de solicitude para presentarse á elección estarán a disposición dos candidatos/as  na secretaría do centro

Prégase que se revise o censo por se houbera algún erro.

Xinzo de Limia, 2 de novembro de 2016

A Presidenta da Xunta electoral,

Asdo.:Elena María Castro Villalón

XUNTA ELECTORAL

02 de novembro de 2016, mércores:

  • Constitución e primeira reunión da Xunta Electoral
  • Aprobación do calendario de actuacións. 
  • Publicación no taboleiro de anuncios do centro das convocatorias nos distintos sectores educativos e dos correspondentes censos electorais.
  • Solicitude ao Concello e ANPA da designación dos seus representantes.
  • Envío de circular ás familias coa convocatoria do sector de pais/nais ou representantes legais.

ACTA DA CONSTITUCIÓN E ACORDO DO CALENDARIO

 

CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

 CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

 CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

27 de outubro de 2016, xoves:

  • Sorteo público, ás 12:00 h, para a designación dos membros da Xunta Electoral.
    • Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais.
    • Un/unha representante do profesorado.
    • Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do Centro.

II.- ¿QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP CARLOS CASARES?

­ A directora, que é a súa presidenta.

­ A xefa de estudos.

­ Cinco profesores/as elixidos/as polo Claustro.

­ Cinco representantes dos pais/nais ou titores legais dos/as alumnos/as (un/unha deles/as proposto/a pola ANPA).

­ Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

­ Un/unha concelleiro/a ou representante do Concello de Xinzo de Limia.

­ A secretaria do centro, que actuará como secretaria do consello.

III.- MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR QUE CORRESPONDE RENOVAR:

­ Catro profesores/as, elixidos polo claustro (3 por 4 anos e 1 por 2 (ausencia)).

­ Tres representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as (2 por 4 anos e 1 por 2 (ausencia)).

­ Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as proposto/a pola ANPA.

­ Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

­ Un concelleiro/a ou representante do concello.

IV.- ¿CALES SON AS COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR?

Art. 127 da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE): Lei 8/2013 de 9 de decembro (BOE do 10)

a. Avaliar os proxectos e normas aos que se refire o Capítulo II do Título V da LOMCE

b. Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

c. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d. Participar na selección do director/-a do centro nos termos que a LOMCE establece: Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do/-a director/-a. 

e. Informar sobre a admisión de alumnos/-as, segundo o establecido na LOMCE e as disposicións que a desenvolvan.

f. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director/-a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas.

g. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o art. 84.3 da LOMCE, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

h. Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no art. 122.3

i. Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

k. Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

l. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa. 

Autorización excepcional de ampliación de prazas 2016/2017. Comedor

Autorizada a ampliación de comensais de comedor co nº de 258 alumnos/as, 273 en total, só para o 2016/2017. 

Listaxe de alumnado definitivo.Comedor 2016/17

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido do servizo de comedor 2016/17.

Listaxe de alumnado admitido

Listaxe de solicitudes pendentes de autorización

Nº de usuarios de comedor: 252 alumnos/as e 267 en total

O 3 de outubro poderán acceder ao comedor todos os que consten na lista definitiva. 

Lista de solicitudes pendentes de autorización: solicitouse un aumento de prazas á Consellería. Comunicarase cando este alumnado pode acceder ao comedor.

SERVIZO DE COMEDOR 2016/2017

Corrección de erros

Detectados erros na lista definitiva, realizase as seguintes modificacións:

 Posto 221 no que aparece “Ainhoa” debe constar Ainhoa López García.

 “Posto 94 LÓPEZ ARROJO, EIDEN”, renuncia ao servizo de comedor.

 “Ilie, Doina Petruta” que consta na lista de solicitude pendentes de autorización engádese á lista de alumnado definitivo co nº 252.

 

Xinzo de Limia, 3 de outubro de 2016

Listaxe de alumnado definitivo.Comedor 2016/17

Publícase a listaxe de alumnado admitido e pendentes de autorización do servizo de comedor 2016/17.

Listaxe de alumnado admitido

Listaxe de solicitudes pendentes de autorización

Nº de usuarios de comedor: 252

O 3 de outubro poderán acceder ao comedor todo o alumnado que consten na lista definitiva de admitidos. 

Lista de solicitudes pendentes de autorización: solicitouse un aumento de prazas á Consellería. Comunicarase cando este alumnado pode acceder ao comedor.

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS DO SERVIZO DE COMEDOR

Publícase a listaxe provisional de admitidos e excluídos do servizo de comedor 2016/17.

Prazo de alegacións ata o 30 de setembro.

Publicación da listaxe definitiva o 1 de outubro.

A listaxe definitiva pode presentar modificacións tralas alegacións correspondentes.

Listaxe de admitidos

Listaxe de excluídos

 

Nº de usuarios de comedor: 252

Historial académico do alumnado de 6º de educación primaria

O Historial académico do alumnado de 6º de educación primaria pode ser recollido o 1 de setembro a partir das 10:00 horas.

LISTAS DE FONDO DE LIBROS

LISTAS DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS

  • As familias deberán consultar a lista definitiva de libros e a lista do fondo de libros e complementarios. 
  • As familias deberán mercar os libros que non figuren nestas listas.
LISTAS DO FONDO DE LIBROS LISTAS DO FONDO DE LIBROS E COMPLEMENTARIOS

Dado que non dispoñemos de todos os libros no fondo, en Setembro o Centro adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios para garantir o que corresponde por renda a cada alumno/a . 

Lémbrase que a recollida* de libros é o 8 de setembro de 2016

3º e 4º: 09.30-10.30

5º e 6º: 10.30-11.30

*O/a solicitante deberá recoller os libros presentando o seu DNI.

LISTAS PROVISIONAIS DE FONDO DE LIBROS

Lémbrase que son provisionais e que as listaxes definitivas sairán publicadas no muro exterior do centro e nesta mesma páxina o día 14 de xullo.

LIBROS DE TEXTO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA 2016/2017

LIBROS DE TEXTO 4º-5º-6º ED. INFANTIL 2016-2017

LIBROS DE TEXTO 1º-2º ED.PRIMARIA 2016-2017

LIBROS DE TEXTO 3º-4º ED.PRIMARIA 2016-2017

LIBROS DE TEXTO 5º-6º ED.PRIMARIA 2016-2017

Circular de final de curso 2015/2016

-Programa día 22 de xuño:

  • De 12:00-12:30 h, información ás familias de 3º e 4º en relación ao Programa de seccións bilingües.
  • De 12.30-13.30 h ,entregarase o boletín de notas ao pai/nai/titor/a legal do alumno/a na aula correspondente. 
  • Äs 14.30 h, saída do alumnado non usuario do servizo de comedor.
  • Äs 15.30 h, Saída do alumnado do servizo de comedor

Este día convídase a comer aos alumnos/as que non son de comedor. Aqueles/as que queiran quedar q comer deberán enviar unha autorización ao titor/a, antes do luns 20 de xuño.

-Período de vacacións de verán: do 23 de xuño de 2016 ata o día 11 de setembro de 2016, ambos inclusive.

-Libros e material escolar de educación primaria:

  • Recollida da axuda de libros e material (vales). O/a solicitante deberá recoller o(s) vale(s) presentando o seu DNI.

5 de xullo de 2016

      • 1º e 2º: 09.30-10.30
      • 3º e 4º: 10.30-11.30
      • 5º e 6º: 12.00-13.00
  • Recollida de libros de fondo solidario (3º,4º,5º,6º). O/a solicitante deberá recoller os libros presentando o seu DNI.

8 de setembro de setembro

      • 3º e 4º: 09.30-10.30
      • 5º e 6º: 10.30-11.30

-Pago de comedor xuño 2016

As familias que teñan que aboar as taxas de comedor do mes de xuño deberán recoller as mesmas na Secretaría do centro os días 27 e 28 de xuño, aboar as mesmas e entregar na Secretaría do centro o resgardo de abono antes do 8 de xullo.

-O Historial académico do alumnado de 6º de educación primaria non será entregado polo momento. Avisarase ás familias para a súa recollida.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut