Skip to Content

Admisión 2017-2018

 

5. LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

 Premer en "ver pdf" para ver a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso 2017/2018

4. LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS  

Solicitudes de admisión: 54 (53 en prazo, 1 fóra de prazo)

Premer en "ver pdf" para ver a listaxe provisional de admitidos para o curso 2017/2018

3. POSTOS VACANTES (pendente)
NIVEL VACANTES RESERVA*
4º EI (3 ANOS)  44  6
5º EI (4 ANOS)  9  
6º EI (5 ANOS)  12  
1º EP  3  
2º EP  3  
3º EP  8  
4º EP  3  
5º EP  10  
6º EP  2  

*Prazas reservadas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). No caso de non haber alumnado que solicite estas prazas serán cubertas polo procedemento ordinario.

2. INFOMACIÓN XERAL

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, comunicase o seguinte:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía. ANEXO I (ED550A). 
    • O alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar estudos no instituto adscrito a este centro, IES Cidade de Antioquía, deberá presentar na Secretaría do CEIP Carlos Casares ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.

* Os alumnos e alumnas que non vaian continuar os seus estudos de secundaria no centro adscrito (IES Cidade de Antioquía), terán que presentar solicitude de admisión no centro que desexen do 1 ao 29 de marzo.

  • Solicitude de admisión. O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude mediante o ANEXO II xunto coa documentación solicitada polo centro.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo. 

As familias poderán consultar o estado de trami­tación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o anexo II :

      • De forma presencial no centro docente.
      • A través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.

 

  • Formalización de matrícula. Unha vez admitido, formalizar a matrícula mediante o ANEXO III-1 xunto co resto de documentación solicitado polo centro.

Documentación  solicitada polo centro: 

Punto complementario en caso de desempate:

Ver calendario do proceso e prazos.

Aquí poden descargarse os formularios de solicitudes e a normativa aplicable:

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 

  • TRANSPORTE
  • COMEDOR
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (ANPA)

Para calquera consulta póñanse en contacto coa secretaria do centro.

1. CALENDARIO E PRAZOS
  • RESERVA DE PRAZA. 1 A 15 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía.
  • DESEMPATE (23 FEBREIRO). Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado. 
  • VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro
  • SOLICITUDES DE ADMISIÓN. 1 a 20 de MARZO. Presentación de solicitudes.
    • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes. 
  • LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  • LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante a Xefatura Territorial no prazo de un mes).
  • MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.

 

AdxuntoTamaño
3anexos_formateadois_ed550b_g.pdf1.01 MB
3anexos_formateados_ed550a_g.pdf876.74 KB
20170201_admision.pdf709 KB
orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf1.03 MB
anexo_formulario matricula_ed550b_g.pdf70.49 KB
ADM008-ADMIS-DOC-MATRICULA.pdf859.55 KB
punto-admision.pdf161.7 KB
listaxe provisional admitidos.pdf71.64 KB
Listaxe definitiva de alumnado.pdf61.02 KB


page | by Dr. Radut